A vicepresidenta do Partido Popular de Ourense, Marta Nóvoa hoxe no Pleno Provincial durante a moción presentada polo Grupo Popular para a derrogación das regras fiscai, recriminou ao portavoz socialista, Álvaro Vila, que non apoiara “por capricho e oportunismo” unha iniciativa de axuda a todos os concellos, en especial para aqueles que sufriron a vaga de lumes, solicitando para elo a conxelación ou derrogación das regras fiscais dada a complexa situación económica que padecen as entidades locais.
Marta Nóvoa sorprendeuse pola “absurda tese” exposta polo portavoz socialista para non apoiar unha iniciativa que trata de favorecer a todos os concellos -incluído o seu- e convertela nunha crítica á xestión dos lumes, cando nunha situación de emerxencia como a que sufriu a provincia “o único que fixo Sánchez foi vir a Ourense para facerse unha foto acompañado por todo o seu séquito socialista ourensán”.
Para a vicepresidenta do PPdeOU e da Deputación, hoxe “vimos como o PSOE utiliza unha cortina de fume para tapar a nefasta xestión económica do Goberno Central”. Unha situación que afecta tamén á Deputación ourensá que, a pesar de ter débeda cero e uns aforros de ao redor de 24 millóns, “só poderíamos empregar seis millóns de euros para cooperación, xusto cando precisamos fondos para axudar aos máis de 40 concellos afectados pola vaga de lumes”.
O Partido Popular de Ourense reivindicou que esta iniciativa seguirá a formar parte das súas demandas ao Goberno Central porque é “inxusto” que o Estado “non permita que empreguemos os aforros dos nos concellos en favor dos nosos veciños"