A Festa da Vendima de Leiro acada en 2025 a súa 34 edición, o que a consolida como unha festividade de referencia que contribúen a posicionar Galicia como un destino único, tanto pola abundancia de festividades no territorio como pola diversidade das temáticas que abranguen. Este tipo de celebracións implican tamén á poboación local na oferta turística sumándoa na consecución dun turismo respectuoso e sostible impulsado desde a Xunta de Galicia.
Neste sentido, Turismo de Galicia vén de resolver as axudas a festas de interese turístico de Galicia, que na convocatoria de 2025 outorgou 99 subvencións de 4.000€, ata un total de case 396.000€.
Despois de chegar do acto político do PP en Cerdedo- Cotobade cheguei a Leiro para participar nos restantes actos programados.