martes, 12 de agosto de 2025

A provincia de Ourense asolada por graves incendios forestáis, moitos deles derivados da acción críminal

 

Hoxe os ourensáns estamos seriamente preocupados polos múltiples e graves incendios forestais, propiciados por unha moi adversa climatoloxía con altísimas temperaturas e vento, e desde logo en demasiados casos polos incendiarios.


Grazas  a todos os efectivos das diferentes Administracións que están traballando arreo e arriscando as suas vidas para axudar aos afectados polos  incendios forestáis. O peso da lei debe caer sobre os criminais incendiarios.


Según os datos rexistrados en Galicia ata as 20.00 horas de hoxe martes, está decretada a Situación 2 en toda a provincia, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Activo Chandrexa de Queixa-Parafita

Está activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, que se iniciou ás 17.45 horas de hoxe e que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 3 técnicos, 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións. Tamén se incorporaron ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).  

Activo Chandrexa de Queixa-Requeixo

Continúa activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta a arredor de 3.500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 15 técnicos, 58 axentes, 87 brigadas, 48 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 14 avións. Tamén se incorporaron ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Oímbra-A Granxa

Está activo un incendio forestal no municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 80 hectáreas. O lume iniciouse ás 14.39 horas de hoxe e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.

Activo Maceda-Santiso

Desde as 03.13 horas desta madrugada está activo un lume no concello de Maceda, parroquia de Santiso. Este incendio, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 16 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 4 pas, 4 técnicos, 3 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 8 avións. Tamén se incorporaron ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo A Mezquita-A Esculqueira

Desde as 09.42 horas de hoxe está activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 4 avións.

Activo Ourense-Seixalbo

Activo un incendio forestal rexistrado ás 14.14 horas de hoxe na localidade ourensá de Ourense, parroquia de Seixalbo, que evoluciona favorablemente e, segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 50 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 6 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Cartelle-Anfeoz

Está estabilizado desde as 16.55 horas de hoxe o incendio do municipio de Cartelle, parroquia de Anfeoz, que se iniciou onte ás 18.28 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afecta rolda as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 10 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Vilardevós-Moialde 

Continúa estabilizado desde as 10.02 de hoxe martes o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde. Segundo as últimas estimacións, o incendio, que se iniciou ás 16.05 horas de onte luns,  afecta arredor de 40 hectáreas e, polo de agora mobilizáronse na súa extinción 2 técnicos, 7 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 4 helicópteros e 6 avións.

Estabilizado Montederramo-Paredes

Segue estabilizado desde as 10.35 horas de hoxe o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou onte luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros e 5 avións.

Estabilizado Vilariño de Conso-Mormentelos

Desde as 23.37 horas de onte luns está estabilizado o lume do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 180 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 2 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro

Está estabilizado, desde as 23.37 horas do domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19. Na tarde de onte luns houbo unha reactivación deste lume e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 450 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 5 técnicos, 27 axentes, 42 brigadas, 34 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 10 avións.

Controlado Verín-Mourazos

Esta controlado, desde as 01.01 horas desta madrugada o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas de onte luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas  e, polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 6 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións