A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 09.00 horas de hoxe martes.
Na provincia de Ourense esta é a situación:
Permanece decretada a Situación 2 en toda a provincia,
o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma
e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario
laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións,
especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).
ACTIVOS
Activo Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de
Conso-Mormentelos
Os incendios no concello de Chandrexa de Queixa
comezaron o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O
xoves 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de
Mormentelos. Os tres acabaron por unirse nun só lume, que permanece activo.
Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie de arredor
de 17.500 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda,
Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para a súa extinción mobilizáronse
de xeito acumulado, 23 técnicos, 135 axentes, 165 brigadas, 102 motobombas, 15
pas, 14 unidades técnicas de apoio, 22 helicópteros e 21 avións. Neste lume
mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín
O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra,
parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o
pasado venres ás 17.22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín.
Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada
de 15.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas
de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar. Para
a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 107 axentes,
150 brigadas, 96 motobombas, 4 pas, 5 unidades técnicas de apoio, 18
helicópteros e 33 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar
de Emerxencias (UME).
Activo A Mezquita-A Esculqueira
Desde as 09.42 horas do martes 12 está activo o
incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da
Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de
10.000 hectáreas en territorio galego. Este lume afecta tamén aos municipios da
Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a
súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 8 técnicos, 33 axentes, 37
brigadas, 33 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 3 unidades técnicas de apoio, 11
helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar
de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios
terrestres portugueses.
Activo Vilardevós-Vilar de Cervos
Está activo desde o mércores 13 ás 18.09 horas o
incendio no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, que
segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 900
hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos,
19 axentes, 13 brigadas, 14 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.
Activo Vilardevós-Moialde
Na tarde do xoves 14 reactivouse o incendio forestal
do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás
16.05 horas do luns 11. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais,
arredor de 500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito
acumulado, 4 técnicos, 23 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 10
helicópteros e 6 avións.
Activo Larouco-Seadur
Desde as 18.55 do mércores 13 está activo o incendio
no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que segundo as novas medicións
afecta arredor de 20.000 hectáreas en territorio galego, no propio concello de
Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de
Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Para a súa
extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 34 técnicos, 113 axentes, 154
brigadas, 110 motobombas, 11 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros
e 11 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias
(UME).
Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas
O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal
do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese
mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia
de As Regadas. Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e
segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 3.500 hectáreas, parte
delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Mobilizáronse para a
súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 57 axentes, 88 brigadas, 58
motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.
ESTABILIZADOS
Estabilizado Maceda (Santiso e Castro de Escuadro)
O domingo 10 e o martes 12 comezaron dous incendios
forestais no concello ourensán de Maceda, nas parroquias de Castro Escuadro e
Santiso, respectivamente. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume que
quedou estabilizado ás 00.37 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais,
este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.500 hectáreas,
parte delas do municipio de Vilar de Barrio. Para a súa extinción mobilizáronse
de xeito acumulado 11 técnicos, 89 axentes, 133 brigadas, 79 motobombas, 11
pas, 2 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume
mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Estabilizado Vilardevós-Fumaces e a Trepa
Estabilizado desde as 01.39 horas de hoxe o incendio
iniciado ás 17.41 horas do xoves o incendio forestal no concello de Vilardevós,
parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións rolda as 100
hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8
brigadas, 6 motobombas e 3 avións.
Estabilizado Riós-Trasestrada
Estabilizado desde as 01.39 horas de hoxe un lume que
comezou onte as 14.33 horas de no concello ourensán de Riós, parroquia de
Trasestrada, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 20
hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 axentes, 2
brigadas, 1 motobomba, 2 helicópteros e 3 avións.
Estabilizado San Cibrao das Viñas-Rante
Estabilizado desde ás 01.24 horas deste luns o
incendio iniciado o pasado sábado ás 14.30 horas no concello de San Cibrao das
Viñas, que segundo as últimas estimacións supera as 60 hectáreas. Na súa
extinción participaron, de xeito acumulado, 1 técnico, 13 axentes, 28 brigadas,
17 motobombas, 2 helicópteros e 4 avións.
Estabilizado Montederramo-Paredes
Segue estabilizado desde as 10.35 horas do martes 12 o
incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes,
que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións
afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito
acumulado, 6 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de
apoio, 7 helicópteros e 7 avións.