O Servizo Público de Emprego
Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado
correspondentes ao mes de xuño de 2025.
Galicia
O mercado laboral galego acaba xuño con 107.254 persoas, baixando o paro rexistrado en relación co mes anterior en -4.387 persoas, un -3,93 %. A nosa Comunidade rexistra en xuño por terceiro mes consecutivo o nivel de desemprego máis baixo desde que hai rexistros (1996).
Na comparativa interanual, o paro baixou en 10.684 persoas, ué a primeira vez que baixa dos 110.000 n -9,06 %. Galicia é a comunidade na que máis baixou o paro no último ano en termos relativos, avantaxando en tres puntos a media estatal (-6,06%)
En canto a evolución anual o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída o sector primario (-13,77%), seguido da construción (-13,35%), da industria (-12,19%) e, por último, do sector servizos (-8,17%).
Ourense
Baixa o paro rexistrado en xuño na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 564 persoas, un - 4,17 %.
O número de parados queda en 12.964 deles 5.310 son homes e 7.654 mulleres, 12.389 son maiores de 25 anos e 575 menores.
Por sectores, 603 son da agricultura, 1.304 da industria, 788 da construción, 8.855 dos servizos e 1.414 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 1.195 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,44 %.