Como
informaba na anterior entrada deste Blog, a Comisión Europea decidiu hoxe
17 de xullo emitir un ditame motivado no que solicita a España [INFR(2021)4052] que respecte as normas da UE en materia de contratación pública, en particular con respecto aos contratos de concesión.
Non coñecemos o contido do ditame motivado, pero na nota informativa difundida pola Representación en España da Comisión Europea dise que “España ampliou a duración das concesións das autoestradas AP-9 e AP-66 a vinte e cinco e vinte e nove anos, respectivamente, e máis adiante vendeu as dúas empresas concesionarias sen iniciar procedementos de licitación previos nin publicar un anuncio a escala da UE”
En relación con esta nova, desde A Xunta de Galicia e desde o Partido
Popular reaccionamos con esta primeira valoración:
A resolución da Comisión Europea é unha excelente
oportunidade para que o Goberno central actúe, sexa valente e responsable e
rescate a concesión da Autoestrada do Atlántico.
A Xunta de Galicia adiantouse, fixo as contas deste
rescate e remitiullas ao Goberno central: custaría 2.400 millóns de euros,
aproximadamente o mesmo do que se está transferindo á empresa concesionaria
para financiar as bonificacións en vigor ata o final da concesión
O rescate da concesión eliminaría as incertezas
polo resultado do procedemento aberto pola Unión Europea e que lles aforraría
cartos tanto aos contribuíntes como, moi especialmente, aos milleiros de
persoas que cada día pagan as peaxes da AP-9.
Galicia marcou o ano pasado o camiño a seguir co
rescate de catro autoestradas con peaxes en sombra: se hai vontade política,
recuperar a Autoestrada do Atlántico é posible. Tamén está o precedente da
actuación de Italia coa autoestrada A-12 Livorno- Civitavecchia, cun expediente
da Comisión Europea moi semellante a este.
O Goberno de España manexou este expediente con
extrema opacidade. Os cidadáns non coñecen aínda nin o seu contido nin as
alegacións que se presentaron durante o proceso. É imprescindible que corrixan
o rumbo e comecen a ser transparentes cunha cuestión clave para os intereses de
Galicia e a súa vertebración territorial.
Volveremos solicitar, como xa fixemos ata en catro
ocasións, unha reunión co ministro de Transportes para abordar o futuro da Autoestrada
do Atlántico. Nesa reunión tamén se insistirá na necesidade de transferir
—xunto cos recursos necesarios— a titularidade da AP-9 a Galicia, decisión
bloqueada ata en 53 ocasións polo PSOE no Congreso dos Deputados desde que
Pedro Sánchez é presidente.
Non é o primeiro revés que recibe o Goberno pola
súa xestión da AP-9. Neste mesmo ano a Xustiza xa tumbou o seu intento de que a
Xunta tivese que pagar a metade da factura das peaxes en sombra de Rande e A
Barcala”.