martes, 3 de junio de 2025

Salientable baixada en maio do paro rexistrado: en Ourense un - 4,03 % e en Galicia un -3,38 %

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2025.

 

Galicia

 

O mercado laboral galego acaba maio con 111.641 persoas, baixando o paro rexistrado en relación co mes anterior en -3.904 persoas, un -3,38 %. E o nivel de desemprego máis baixo de toda a súa serie histórica (desde 1996),

 

Na comparativa interanual, o paro baixou en 10.395 persoas, un -8,52 %. Galicia é a terceira na comunidade autónoma na que máis descende o paro comparativa anual e avantaxa ao conxunto do Estado en 2,65 puntos.

 

En relación coa evolución anual o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída o sector da construción (-14%), seguido do primario (-13,27%), da industria (-11,92%) e, por último, dos servizos  (-7,64%).

 

Ourense 

 

Baixa o paro rexistrado en maio na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 568 persoas, un  - 4,03 %.

 

O número de parados queda en 13.528 deles 5.708 son homes e 7.820 mulleres, 12.893 son maiores de 25 anos e 635 menores.

 

Por sectores, 630 son da agricultura, 1.355 da industria, 827 da construción, 9.275 dos servizos e 1.441 do colectivo sen emprego anterior.

 

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 1.017 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,99 %.