martes, 3 de junio de 2025

En maio aumentaron as afiliacións á Seguridade Social un 1,63% en Galicia e en Ourense un 1,59%

 

No mes de maio de 2025, o número de afiliacións en Galicia situouse en 1.094.806, polo que aumentou un 1,63% respecto ao mesmo mes de 2024. En España, rexistrouse unha taxa de variación interanual do 2,17%.

En Galicia, en termos interanuais, as afilacións ao réxime xeral subiron un 2,22%, mentres que no réxime especial de autónomos baixaron un 0,4%.

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de maio de 2025 acadou a cifra de 1.094.806; o que supón un aumento respecto ao mes pasado de 7.372 afiliacións (0,68%). Para España, a cifra de afiliacións sitúase en 21.784.375, rexistrando un aumento do 0,91% con respecto ao mes pasado.

Na comparativa interanual (maio de 2025 con maio de 2024), obsérvase un aumento de 17.514 afiliacións en Galicia (1,63%) e un aumento do 2,17% (462.581 afiliacións) en España.

Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de abril de 2025, rexístrase un incremento das afiliacións en todas as comunidades autónomas agás en Canarias (-0,09%), sendo Illes Balears (8,72%) e Aragón (1,82%) as que experimentan o maior incremento.

En canto ás taxas con respecto a maio de 2024, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Canarias (3,08%) e Comunitat Valenciana (2,86%).

 Información por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto a maio de 2024 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,92%, seguida de Ourense (1,59%), Pontevedra (1,43%) e Lugo (1,14%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de maio con respecto ás do mes de abril, Pontevedra é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 0,87%, seguida de Lugo (0,73%), Ourense (0,58%) e A Coruña (0,53%).



Información segundo o réxime de afiliación

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 79,67% das afiliacións galegas en maio de 2025, aumentaron un 0,8% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento dun 2,22%. En España, estas taxas foron do 1% con respecto a abril de 2025 e do 2,38% en relación ao mes de maio de 2024. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (74,64%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-1,58%), Ourense (-0,84%) e A Coruña (-0,23%) presentan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,08%) presenta unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,4%. Para este réxime e con respecto ao mes de abril de 2025, soben as afiliacións en todas as provincias: Pontevedra (0,39%), A Coruña (0,25%), Ourense (0,13%) e Lugo (0,04%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do 0,25%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,11% e unha subida intermensual do 0,36%.

No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a maio de 2024, todas as provincias presentan unha taxa de variación interanual negativa: Pontevedra (-3,52%), Lugo (-3,21%) e A Coruña (-2,93%). A taxa galega acada entón o -3,34%. Con respecto a abril de 2025, baixan as afiliacións en A Coruña (-2,37%), mentres que soben en Lugo (0,59%) e Pontevedra (0,11%). A taxa galega é do -0,55%. As taxas nacionais indican unha baixada interanual do 0,42% e unha subida intermensual do 3,21%.

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e IGE