Esta mañá os representantes do PSOE e de Sumar na Mesa do Congreso acordaron aprazar ata o 3 de setembro o prazo para a presentación de emendas á Proposición de Lei Orgánica, presentada polo Parlamento de Galicia, para que a titularidade e as competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) transfíranse á Comunidade Autónoma de Galicia.
Un texto que chegou aprobado por unanimidade da cámara autonómica e que en xuño de 2024 foi tomada en consideración co voto de 309 deputados e tan só 33 en contra. E ademais acordouse a súa tramitación polo procedemento de urxencia.
O 4 de setembro cumprirase un ano da aprobación da primeira prórroga acordada pola Mesa do Congreso, á que seguiron outras 37 nesta lexislatura e que sumadas aos 15 aprazamentos da lexislatura anterior e que suman en total 53.
Hoxe en nome do PP de G publiquei este post na rede X:
“Son 5️⃣3️⃣ as PRÓRROGAS desde que @sanchezcastejon é presidente bloqueando o debate do traspaso da AP-9 a Galicia.
É o 38º adiamento acordado nesta lexislatura pola Mesa do Congreso dominada polo @PSOE e @sumar.
Esta vez ata SETEMBRO. Indignante aldraxe!”
