jueves, 5 de junio de 2025

Avelino García, novo presidente do PP da Rúa, formula como principal meta recuperar a alcaldía: “As eleccións as gañamos sempre, pero o obxectivo ten que ser gobernar por maioría”


Asisto esta tarde ao congreso celebrado pola agrupación local do PP de A Rúa  no que 
Avelino García (A Rúa, 1960) foi elixido presidente. Nel  participou o presidente provincial, Luis Menor, acompañado pola vicepresidenta, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas. Un conclave no que Avelino García proclamou como principal meta recuperar a alcaldía: “As eleccións as gañamos sempre, pero o obxectivo ten que ser gobernar por maioría”.

En comparación con outras convocatorias electorais, como as autonómicas de 2024 “nas que o partido viuse fortalecido cunha ampla maioría”, nos comicios electorais entran en xogo outros factores “pero estou convencido de que o PP logrará a maioría absoluta dentro de dous anos”, afirmou o xa presidente local.

 

Avelino García, que xa presidiu a corporación municipal no mandato 2011-2015, sostivo que “hai partido para regresar ao goberno municipal pola porta grande”, comprometéndose “a dalo todo desde a agrupación local”. Neste sentido asegurou ter comprobado que tamén hai apoio entre a veciñanza, “ademais de interese e ganas por presentar unha lista que nos axude a gobernar”.

 

Ante militantes e simpatizantes, así como cargos electos do PP, o presidente provincial puxo en valor o apoio recibido polos populares nas autonómicas de 2024, con medio milleiro de votos máis que o BNG, a segunda forza no concello da Rúa: “Unha ampla maioría que é necesario trasladar ás municipais”.

 

Para levar ás siglas do PP a trunfos “incontestables”, Luis Menor apelou á unidade “en maiúsculas”, un fin que tamén se persegue cos congresos locais que está a celebrar o PP de Ourense por toda provincia, ademais de servir para reorganizar o partido.

 

O presidente provincial tamén pediu o esforzo dos populares rueses para que axuden cos seus resultados a recuperar outra maioría absoluta en 2024: a Deputación de Ourense: “Só cunha maioría poderemos deseñar e executar o noso modelo de provincia, e aí toda Valdeorras e por suposto A Rúa teñen moito que dicir”, afirmou, ao tempo que sinalou que o concello rúes baixo as siglas do PP tamén contribuirá a superar o actual listón de 55 alcaldías.


https://www.abc.es/espana/galicia/ppdeg-denuncia-bloqueo-transferencia-ap9-acumula-prorrogas-20250604131758-nt.html


https://www.galiciapress.es/articulo/ultima-hora/2025-06-04/5317224-ppdeg-ante-50-prorroga-debate-traspaso-ap-9con-bodas-oro-toca-divorcio-sanchez


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2025/06/04/pp-reclama-divorcio-ap-9-pedro-sanchez-tras-prorrogar-50-veces-debate-sobre-traspaso/00031749033625368281283.htm



El PP reclama «el divorcio» de la AP-9 con Pedro Sánchez tras prorrogar 50 veces el debate sobre su traspaso

Cargos del partido advierten falta de respeto con Galicia al bloquear el PSOE y Sumar en la Mesa del Congreso la tramitación de una demanda hecha por unimidad por el Parlamento autonómico




https://www.valdeorrasdecerca.com/avelino-garcia-novo-presidente-do-pp-da-rua-imos-recuperar-a-alcaldia/


https://osil.info/avelino-garcia-novo-presidente-do-pp-da-rua-manifesta-como-principal-meta-recuperar-a-alcaldia/