O pasado luns o Partido Popular acordou convocar a celebración do XXI Congreso Nacional en Madrid os días 4 a 6 de xullo de 2025.
Un Congreso Nacional que estará constituído, segundo o disposto nos Estatutos, polos compromisarios natos e os electos. O número de compromisarios será de 3.264, dos cales: 584 son natos e 2.630 electos, dos que 125 pertencen a NNGG, ademais de 40 de PP exterior, e 10 pertencen á Comisión Organizadora.
A elección do Presidente Nacional Terán lugar no Congreso do Partido mediante compromisarios elixidos en listas abertas e de acordo con as seguintes normas:
a) Poderán ser candidatos á Presidencia Nacional todos os afiliados, que estean ao corrente do pago das súas cotas, e presente a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora do Congreso antes das 20:00 horas do día 28 de maio.
b) Para ser proclamado precandidato á Presidencia Nacional será necesario presentar o apoio de, polo menos, 100 afiliados. Poderán avalar, mediante documento orixinal, aqueles afiliados que estean ao corrente do pago das cotas no momento da presentación de avais.
c) No caso de que se presentasen dous ou máis precandidaturas, a Comisión Organizadora proclamará aos precandidatos presentados o día 29 de maio, convocando a campaña electoral interna desde as 9 horas do día seguinte, 30 de maio, e finalizando a mesma o 15 de xuño ás 24 horas.