Nesta concentración estivo presente unha ampla representación de valdeorreses que resultan tamén directamente afectados por esta supresión de servizos
Grabéi este vídeo, que se cita no dixital “Valdeorras de Cerca” e no que expresei a miña preocupación polo impacto destes recortes na comarca de Valdeorras. “O que propón o Goberno é privar aos usuarios de Valdeorras de chegar a Madrid ás 10:00 da mañá; no seu lugar, chegarían ás 14:00, o que impide facer trámites en Madrid. Ademais, só estarían catro horas na capital. Os veciños de Valdeorras están moi afectados por isto”, afirmei. https://youtu.be/0dUl889K-eA?si=kePZiW3tKSVuKiXY
https://www.laregion.es/a-gudina/cientos-vecinos-protestan-gudina-supresion_1_20250524-3539139.html#