jueves, 10 de abril de 2025

A iniciativa do GPP, o Congreso insta ao Goberno a elaborar un "novo mapa concesional estatal dos servizos de transporte público regular de viaxeios por estrada"

O Pleno do Congreso aprobou hoxe martes a Proposición non de Lei do Grupo Popular sobre “o novo mapa concesional estatal dos servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada”. Unha inciciativa que defensió o pasado martes o noso deputado José Vicente Marí

O texto, que foi aprobado por 139 votos a favor, 159 abstencións e 51 en contra, insta o Goberno a:

"1. Retirar o borrador do novo mapa concesional estatal dos servizos de transporte público interurbano regular de viaxeiros por estrada realizado en maio de 2022.

2. Elaborar unha nova proposta, e para realizala con carácter previo e de maneira urxente convocar a Conferencia Sectorial de Transportes, como marco necesario para que as Comunidades Autónomas poidan abordar co Goberno de España a formulación do novo mapa concesional estatal dos servizos de transporte público interurbano regular de viaxeiros por estrada.

3. No caso de que quixese transferir tráficos ás Comunidades Autónomas, acordar previamente con cada unha delas a modificación do novo mapa concesional, reformulando a súa formulación, @teniendo en cuenta as particularidades e a realidade dos distintos territorios.

4. Establecer un marco estable e permanente de financiamento para as Comunidades Autónomas que garanta a estas cubrir o custo de prestación durante todo o período de vixencia dos contratos dos servizos de transporte público interurbano regular de viaxeiros por estrada que deixe de prestar a Administración Xeral do Estado segundo acordo previo entre as partes".

Compre lembrar que  tanto a Xunta, como o Parlamento de Galicia, e en xeral todo Partido Popular de Galicia ven reclamado  con insistencia ao Goberno de Pedro Sánchez que garanta a mobilidade nos concellos galegos retirando o mapa de concesións de liñas de autobús estatais por afectar de xeito moi negativo aos veciños de 22 concellos galegos. En total, veríanse afectados máis de 130.000 galegos.

Suporía deixar aos concellos de Arzúa, Melide, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Baralla, Meira, Monterroso, As Nogais, Palas de Rei, Quiroga, A Pontenova, Trasmiras, A Mezquita, Ribadavia, Rios, A Rúa, Forcarei, Lalín, Tui, Silleda e O Porriño sen paradas  nas rutas estatais obrigando a facer transbordos, e reduciría nun cento as conexións entre concellos galegos e en máis de 70 con outras comunidades.