miércoles, 5 de marzo de 2025

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de febreiro do ano 2025 acadou a cifra de 1.071.948 para o total do sistema, o que supón un aumento respecto ao pasado mes de xaneiro de 4.859 afiliacións


O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones publicou onte 4 de marzo os datos de afiliación á Seguridade Social de febreiro de 2025. O IGE procesou en clave galega os mentados datos.

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de febreiro do ano 2025 acadou a cifra de 1.071.948 para o total do sistema, o que supón un aumento respecto ao pasado mes de xaneiro de 4.859 afiliacións (0,46%). Para o conxunto estatal, a cifra de afiliacións sitúase en 21.196.154, rexistrando un aumento do 0,48% con respecto ao pasado mes de xaneiro.

Na comparativa interanual (febreiro de 2025 con febreiro de 2024) obsérvase un aumento de 16.930 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,6%) e un aumento do 2,36% (487.772 afiliacións) no conxunto estatal.

Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de xaneiro de 2025, rexístrase un incremento das afiliacións en 16 comunidades autónomas, sendo Illes Balears (3,05%) e Murcia (0,77%) as que experimentan o maior incremento e Castilla - La Mancha (-0,27%) a que sofre o maior descenso.

En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Canarias (3,42%) e Illes Balears (3,06%).

Datos de afiliacións por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,14%, seguida de Ourense (1,49%), Pontevedra (1,18%) e Lugo (0,96%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de febreiro con respecto ás do mes de xaneiro, rexistrouse en Galicia un aumento do 0,46%. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 0,53%, seguida de Pontevedra (0,5%), Ourense (0,28%) e Lugo (0,18%).

La afiliación media aumentó en febrero en 100.340 trabajadores respecto a enero de 2025 (+0,48%), hasta las 21.196.154 personas.

Respecto a febrero de 2024, el número de afiliados aumentó en 487.773 personas (2,36%). En términos desestacionalizados, la afiliación aumentó en 58.735 personas respecto a enero de 2025 (0,27%) y alcanzó las 21.457.900 personas.

Información segundo o réxime de afiliación

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 79,39% das afiliacións galegas en febreiro de 2025, aumentaron un 0,52% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento un 2,23%. En España estas taxas foron do 0,51% con respecto a xaneiro de 2025 e do 2,59% en relación ao mes de febreiro de 2024. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (74,22%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-2,25%), Ourense (-1,07%) e A Coruña (-0,05%) presentan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,06%) presenta unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,47%. Para este réxime e con respecto ao mes de xaneiro de 2025 soben as afiliacións en todas as provincias: Pontevedra (0,2%), Ourense (0,16%), A Coruña (0,15%) e Lugo (0,06%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do 0,15%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,19% e unha subida intermensual do 0,24%.

No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a febreiro de 2024, todas as provincias presentan unha taxa de variación interanual negativa: Pontevedra (-4,75%), Lugo (-1,46%) e A Coruña (-1,19%). A taxa galega acada entón o -3,55%. Con respecto a xaneiro de 2025, baixan as afiliacións en Lugo (-0,44%), mentres que soben en A Coruña (2,5%) e Pontevedra (0,58%). A taxa galega é do 1,03%. As taxas nacionais indican unha baixada interanual do 0,1% e unha subida intermensual do 2,59%.

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones