sábado, 16 de noviembre de 2024

Avanzan as obras da nova estación intermodal de Ourense


O 26 de setembro de 2024 foi colocado no exterior da estación de Ourense o cartel anunciador das obras do "Proxecto de construción da nova estación intermodal de Ourense e pasarela peonil e do Proxecto de construción da Nova Estación Intermodal de Ourense. Cubrimento da praia de vías. Estrutura e urbanización".

Foi 20 de febreiro de 2024 cando formalizouse entre ADIF Alta Velocidade e a UTE adxudicataria COPASA-SANJOSE-SYNEOX.

O 28 de maio de 2024 na Comisión de Transportes e Movilidade Sostible a secretaria xeral de transportes do ministerio, dixo que o 17 de maio de 2024 iniciáronse as obras de ampliación e remodelación da nova estación intermodal. Máis ata finais de setembro non apareceron signos externos de comezo das mesmas.

Hoxe, puiden comprobar persoalmente que xa son apreciables avances significativos nas obras que se centran en dúas zonas. Onde estaban as instalacións dedicadas a mercadorías, levantáronse as travesas e as vías.

E no exterior, no terreo adxacente á rúa Ramón Piñeiro hai movemento de terras, que supoño será para as cimentacións da pasarela peonil que está prevista no proxecto, para unión dos barrios de A Ponte e o Vinteún.

Alegre por tanto polo visto e espero que as obras teñan continuidade para tratar de acurtar os amplos prazos dados para executalas, nada menos que 73 meses. 

A nosa cidade precisa dunha estación de categoría adaptada as necesidades do século XXI.