miércoles, 2 de octubre de 2024

En setembro medra o paro rexistrado en Galicia un 1,95 % e en Ourense un 2,83 %

 


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2024.

Galicia

O mercado laboral galego acaba setembro con 120.992 persoas,  cifra de paro máis baixa nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996)., medrando o paro rexistrado en relación co mes anterior en 2.314 persoas, un 1,95 %

Na comparativa anual, o paro baixou en 9.651 persoas, un -7,39 %. Nesta evolución anual, tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración. 

Tamén na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,63%) seguido da construción (-11,85%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-7,45%), entre os menores de 30 anos (-7,12%) e nos parados de longa duración (-7%). Ademais, as cifras de mulleres desempregadas, con 71.538,  e de desempregados xuvenís, con 13.792, son as máis baixas nun mes de setembro desde que hai rexistros (2005).  A de parados de longa duración, de 61.647, é a cifra máis baixa dun mes de setembro dos últimos 16 anos. 

 Ourense

Medra o paro rexistrado en setembro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 404 persoas, un -2,83 %.

O número de parados queda en 14.692 deles 5.994 son homes e 8.698 mulleres, 14.007 son maiores de 25 anos e 685 menores.

Por sectores, 660 son da agricultura, 1.477 da industria, 936 da construción, 10.003 dos servizos e 1.616 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 539 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 3,54 %.