viernes, 25 de octubre de 2024

Aprobada na Deputación a Moción do Grupo Popular relativa a instar ao Goberno de España a acelerar a renovación das vías de comunicación, xa sexan por estrada ou ferroviarias entre Ourense e Lugo

 

Manuel Seoane -alcalde da Peroxa - 

Hoxe houbo Pleno da  Deputación de Ourense no que foi acordado ampliar ata os 7 millóns de euros o plan de mantemento da rede provincial de estradas grazas á incorporación de 2,5 millóns máis a este programa, co que se traballa na mellora, incremento da seguridade e comodidade dos usuarios dos 1.850 quilómetros de vías de titularidade provincial.

Tamén no capítulo de propostas, aprobouse unha moción do PP que defendeu o deputado Manuel Seoane -alcalde da Peroxa - na que pídese ao Goberno de España que acelere a renovación das vías de comunicación, por estrada ou ferroviarias, entre Ourense e Lugo. Preténdese evitar o trastorno que lle supón aos usuarios facer en autobús parte do traxecto do corredor ferroviario entre ambas cidades debido ao retraso nas obras nesta liña. Ademais de reclamar axilidade na execución das obras na N-540 e que sexan declaradas de urxencia polo estado no que se atopa esta vía, pídese tamén licitar no primeiro trimestre de 2025 o proxecto de carrís adicionais da N-120 entre Os Peares e Ourense. Por último, solicítase activar as obras na autovía A-56 (Ourense-Lugo), licitando o tramo Quintela-A Casilla e poñendo fin á paralización do tramo Cambeo-Sanmartiño.

Este é o texto aprobado:

"1º. Instar ó Goberno de España a acelerar e rematar a maior brevidade posible as obras do corredor ferroviario Lugo–Ourense e así evitar o trastorno que lle supón os usuarios facer parte do traxecto en autobús, coas limitacións que isto implica.

2º. Instar ó Goberno de España a que acelere a execución das obras na N-540 e que sexan declaradas de urxencia para acurtar os prazos de execución, dado o lamentable estado no que se encontra.

3º. Instar o Goberno de España a licitar, sen máis demora, no primeiro trimestre de 2025 as obras de implantación de carrís adicionais da N-120 entre entre os km 548,800 e 564,000 Os Peares e Ourense.

4º. Instar ao Goberno de España a activar as obras dos tramos da autovía A-56,(Ourense-Lugo), licitando as obras do tramo Quintela-A Casilla, concluíndo a redacción do proxecto do tramo A Casilla-Cambeo e poñendo fin á paralización do proxecto do tramo Cambeo-Sanmartiño"

Os puntos 1 e 2 foron aprobados por unanimidade. Nos puntos 3 e 4 o PSOE abstívose.