A nota de prensa difundida dí: “A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentaron hoxe a proxecto de construción do novo centro de saúde do municipio. Neste acto tamén participaron a alcaldesa da Rúa, María Albert, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Incidiu en que o novo centro estará deseñado para cubrir todas as necesidades da poboación, con áreas específicas para adultos, pediatría e a atención á muller. O novo equipamento inclúe 3 consultas de medicina xeral, unha sala polivalente, 3 consultas de enfermería, unha sala de técnicas, consulta pediátrica, unha sala de lactancia e consulta de enfermería pediátrica, ademais de espazos dedicados á saúde da muller e á educación para a saúde.
As empresas interesadas en executar a obra contan cun prazo de presentación de ofertas que remata o 29 de xullo, e teñen un prazo aproximado de finalización de 18 meses.
Martínez Allegue avanzou a previsión da Xunta de poder iniciar as obras neste outono, esperando velo rematado o antes posible para que os veciños e veciñas, e por suposto, todos os profesionais do Sergas, poidan facer uso del.
Tal e como indicou a conselleira, a execución desta infraestrutura sanitaria xurde da colaboración coa Consellería de Sanidade e o Concello da Rúa, sendo para o departamento que dirixe “un orgullo poñer a nosa experiencia en xestión de obras públicas, co obxectivo de garantir a mellor atención sanitaria posible aos cidadáns”.
Martínez Allegue destacou na concepción construtiva e de instalacións do edificio, de dúas plantas, a luz natural como elemento clave, “aportando ademais de aforro enerxético, un ambiente que invita á calma”, remarcou.
Puxo o acento nos elementos que definirán este novo centro de saúde, como a luz, os acabados axardinados, as soleiras elevadas, que ademais contará con paneis fotovoltaicos e un sistema de compartimentación que permitirá o axeitado tratamento do aire no interior do edificio. “Non podemos esquecer que as altas temperaturas nesta zona no verán”, lembrou a conselleira.
Tamén destacou o acceso ao recinto, que se fará desde unha zona exterior cuberta cun cortaventos xeneroso e a través dun amplo vestíbulo inmediato á zona de recepción”.