Poboación activa
No segundo trimestre de 2024 a poboación galega de 16
ou máis anos situouse en 2.368.100 persoas, das cales 1.255.400 clasifícanse
como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53%. Con respecto ao
trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 3.900 persoas e
a taxa de actividade diminúe 0,2 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2024.
Poboación
ocupada
A ocupación aumenta en 7.900 persoas no segundo trimestre de 2024 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.135.600 persoas ocupadas. A taxa de ocupación tamén aumenta con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48%. Nos
últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 3.900
persoas, o que supón un incremento do 0,3% en termos relativos. Atendendo aos sectores de actividade
económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre
diminuíu no sector primario, pero aumentou na industria, na construción e no
sector servizos. Na agricultura e pesca, a diminución da poboación ocupada
cifrouse en 3.400 traballadores e traballadoras menos que hai 3 meses. Na
industria a ocupación aumentou en 5.000 persoas respecto ao trimestre
anterior. Na construción a ocupación aumenta en 3.100 persoas.No sector
servizos o incremento foi de 3.000 persoas. Con respecto ao mesmo trimestre de 2023,
a ocupación diminuíu no sector primario, un -5,8% e no sector servizos, un
-1,3%. Na industria e na construción a ocupación aumentou con respesto ao
mesmo trimestre de 2023: na industria un 6,2% e na construción, 10,6%. Poboación asalariadaEn
Galicia había 923.000 persoas asalariadas no segundo trimestre de 2024,
782.900 con contrato indefinido e os 140.000 restantes con contrato temporal.
Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 4.200 asalariados e
asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un
contrato temporal diminúe, pola contra, en 500 efectivos (o que supón, en
termos relativos, unha baixada do 0,4% con respecto ao primeiro trimestre de
2024). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con
contrato indefinido aumentou un 0,8%, e as persoas con contrato temporal
diminuíron, pola contra, un 4,4%. A
taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato
temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 15,2%. Poboación
parada
No segundo trimestre de 2024 en Galicia había 119.800 persoas en paro, 11.800 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminuíu 1 punto e sitúase no 9,5%. Con
respecto ao segundo trimestre do ano 2023, o número de parados e paradas
aumenta en 2.600 persoas (un 2,2%) e a taxa de paro, a súa vez, crece 0,1
puntos en termos interanuais. Fogares
No
segundo trimestre de 2024, o número de fogares nos que todos os seus membros
activos están en paro diminúe en 6.600 unidades e sitúase en 43.300 fogares.
Respecto ao segundo trimestre de 2023, esta tipoloxía de fogares diminúe un
7,7%. Pola
súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son
ocupados aumenta en 8.200 unidades. O número de fogares nesta situación é de
657.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 9.000 fogares
máis nesta situación, o que supón un incremento do 1,4% en termos relativos. Poboación
xuvenil
Dos 330.100 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 127.100 (o 38,5%) están ocupados/as, 33.400 (o 10,1%) parados/as e os 169.500 (o 51,3%) restantes son inactivos. A taxa de ocupación deste colectivo
sitúase no 38,5% no segundo trimestre de 2024. Con respecto ao trimestre
anterior aumenta 1 punto; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2023 diminúe
1,2 puntos. A
taxa de paro xuvenil sitúase no 20,8% neste trimestre; diminúe 1,5 puntos
respecto ao trimestre anterior. En comparación co segundo trimestre de 2023,
aumenta 3,3 puntos. No segundo trimestre de 2024, o 75,3% dos
ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa.
Con respecto ao primeiro trimestre de 2024, a cifra de ocupados a xornada
completa sube un 5,6%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial
diminúe neste trimestre; en concreto, baixa en 1.700 persoas. Con respecto ao
segundo trimestre de 2023, diminúe tanto a ocupación xuvenil que traballa a
xornada completa (en 700 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en
1.100 persoas). Dos 118.100 asalariados e asalariadas
existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 66,7% está vinculado á
empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con
contrato indefinido aumenta un 1,3% respecto ao trimestre anterior; rexistra
un incremento tamén, neste caso do 5,3%, respecto ao mesmo trimestre de 2023.
O número de mozos e mozas asalariadas con contrato temporal aumenta un 9,4%
respecto ao trimestre pasado, e rexistra unha diminución do 9,2% respecto ao
segundo trimestre de 2023. A
taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29
anos sitúase no 33,4%. Grandes
concellos
Se comparamos os datos dos sete grandes concellos galegos (aqueles que superan os 50.000 habitantes), observamos que Lugo e Pontevedra son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (56,5% e 54,4% respectivamente) no segundo trimestre de 2024. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (44,2%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Santiago de Compostela é o concello de entre os sete grandes con menor valor (4,4%) e Ferrol e Vigo os que presentan a taxa de paro máis elevada (12,1%). Ourense Según
la Encuesta de Población Activa (EPA) del Instituto Nacional de Estadística
(INE) la provincia de Ourense cerró el
segundo trimestre con 14.400 parados , 2.500 más que en el mismo trimestre
de 2023, un 17,36% más. Aumenta
respecto al primer trimestre de 2024, que concluyó con 13.800 parados, 600
menos,
La
tasa de paro creció más de medio punto en estos tres meses, pasando del 10,46%
al 11,17%. Fonte: INE-IGE. Enquisa
de poboación activa |