miércoles, 10 de julio de 2024

Sobre os estudos informativos das variantes ferroviarias dos Peares – Canabal e de Rubián.

 

O 8 de maio de 2024 os deputados lucenses Cristina Ábades Martínez, Francisco Conde López, e Jaime Eduardo de Olano Vela e o ourensán Celso Delgado Arce solicitaron no Congreso un “informe a la Administración del Estado sobre los planos y documentación correspondiente al trazado de la variante de Rubián en el concello de Bóveda (lugo) de la línea férrea  que une Lugo con Monforte y Ourense"

A resposta gubernamental chegou o 8 de xullo e literalmente di: “la información solicitada no se encuentra disponible al no haber un Estudio Informativo aprobado provisionalmente”.

Valoración da resposta:

É sumamente decepcionante.

Compre lembrar que a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, foi presentada o 7 de maio de 2018 na cidade de Lugo, polo entón ministro de Fomento Íñigo de la Serna, e explicou as actuacións que xa se estaban levando a cabo e as programadas para mellorar substancialmente esa liña. Así en infraestruturas expuxo a "adecuación e reforzo das pontes, a definición do resto das estruturas, a análise dos túneles existentes para a intervención na súa adecuación, reforzo e adecuación de gálibos, o tratamento das trincheiras e terraplénes. E deu conta da situación naquel momento, fora encargada a redacción do proxecto".

Falou da renovación da superestrutura de vía no trazado completo actual, informando que estaba o proxecto en redacción. Afirmou que se deberían suprimir os 36 pasos a nivel dando conta que estaba en fase de adxudicación o expediente para a redacción dos proxectos. Explicou tamén as actuacións para realizar en materia de electrificación, dando conta de que estaban os proxectos en fase de redacción.

E finalmente informou que estaba a se desenvolver o estudo informativo para definir as mellores alternativas en dous ámbitos: No tramo entre Ourense e Monforte de Lemos, a Variante dos Peares – Canabal. E no tramo entre Monforte de Lemos e Lugo, a Variante de Rubián.

7 de maio de 2018

Trala moción de censura de xuño de 2018 e a chegada ao Goberno de Pedro Sánchez tivo lugar o nomeamento de José Luis Ábalos como ministro de Fomento. 

A partir dese momento e ata o día de hoxe ( con dous ministros novos polo medio)  algunhas das actuacións anunciadas polo ministro De la Serna fóronse materializando, unhas antes, outras con demoras, pero das variantes non hobo novas.

O interés dos deputados lucenses e ourensáns polas variantes non parou desde maio de 2018.

O 30 de maio de 2019 preguntamos ao Goberno sobre que previsión tiña ADIF para concluír a redacción do proxecto de renovación total do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, incluíndo a parte das variantes inicialmente previstas dos Peares-Canabal e Rubián. 

O 11 de xullo de 2019 o Goberno respondeu: "En relación co asunto interesado, sinálase que os proxectos de adecuación e mellora da vía correspondente ao tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo atópanse actualmente en redacción, cunha previsión de aprobación destes no verán de 2019. As posibles variantes atópanse en fase de estudo informativo”.

O 12 de decembro de 2019. Preguntamos ao ADIF para saber se xa estaba concluída a redacción do estudo informativo das variantes.

E E o 6 de febreiro de 2020 o Goberno respondeU: “Como resposta á pregunta formulada polas súas señorías, infórmase que o actual Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana conta cos seguintes estudos informativos redactados:

  - Variante ferroviaria Os Peares-Canabal (tramo Ourense-Monforte de Lemos da liña Monforte de Lemos-Vigo). Trátase dunha variante en vía única de 12 Qm aproximadamente, que permite un aforro de tempo máximo de 11 minutos e require un investimento na contorna de 530 millóns de euros. 

    - Variante ferroviaria de Rubián (tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña León-A Coruña). Trátase dunha variante en vía única de 19 Qm aproximadamente, que permite un aforro de tempo máximo de 12 minutos e require un investimento na contorna dos 440 millóns de euros”.



   O 11 de decembro de 2020, formulamos catro preguntas sobre estas variantes, interesándonos polo momento administrativo no que se atopan e sobre as datas que manexa Adif para a súa licitación

    O 10 de febreiro de 2021, o Goberno respondeu de forma conxunta ás catro preguntas dicindo: “En relación co asunto interesado, sinálase que a incorporación dunha nova liña ou tramo na Rede Ferroviaria de Interese Xeral require da aprobación dun Estudo Informativo." 

  O 23 de febreiro de 2021 preguntamos os deputados lucenses e ourensáns:  ¿Están  activos o suspendidos los contratos suscritos por el MITMA con INECO referidos a  las Variantes de Os Peares-Canabal y de Rubián, imprescindibles para la mejora de la conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte de Lemos–Lugo?

     O 6 de abril de 2021, o Goberno respostou: "En relación con el asunto interesado, se señala que sin perjuicio de actuaciones a mayor plazo, en estos momentos, el Gobierno, a través del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA), y a través de ADIF, está concentrado en la mejora de la línea existente, donde invertirá 546 millones de euros en la modernización y mejora del corredor".

     E dicir, eludía referirse as variantes deixando caer que estaban abandonadas.