Neste debate en nome do Grupo Provincial do PP inteveu a deputada valdeorresa Maria del Carmen González.
Falou da necesidade
de que o Ministerio de Transportes e Movilidade
Sostible a por en marcha de
modo inmediato un plan integral, de conservación e mantemento da
estrada N-120 desde a cidade de Ourense ata o límite coa provincia de León-
Tamén de instar ao Ministerio de Transportes e Movilidade
Sostible a licitar antes de
que finalice 2024 as obras da A-76 entre Villamartín de la Abadía e Requejo e a
licitar en 2025 as obras dp tramo O Barco de Valdeorras- A Veiga de Cascallá.
Tamén de instar ao Ministerio
de Transportes e Movilidade Sostible a activar as obras de construcción do vial de
conexión N-536/N-120: Sobradelo - O Barco de Valdeorras (5.7 km) que deberían
haber finalizado o 23 de setembro de 2022 e que xa acumulan casi dous anos de
retraso, tras paralizacions, sobrecustes e modificados de proxecto.
Na votación acordouse esixir á Xunta de Galicia a contratación, á maior brevidade e a ser posible antes do remate de 2024, das obras de arranxo da OU-533, incluíndo unha partida nos orzamentos de 2025 para o acondicionamento desta estrada.
Pídese
tamén á Deputación que inste ao Goberno de España a realizar a mellora integral
do firme da N-120 e nomeadamente na comarca de Valdeorras. Tamén que se fagan
os traballos de limpeza de biomasa nos noiros da N-120, priorizando os núcleos
habitados, cumprindo ademais coa Lei de Prevención e Defensa contra os
incendios forestais de Galicia.
Entre as peticións figuran ademais un
estudo dos puntos negros da N-120 no referido a choques con fauna salvaxe e
realizar peches nesas zonas, o acceso á Rúa e Vilamartín e destinar fondos para
estas actuacións no orzamentos xerais do Estado, así como o orzamento necesario
para executar sen máis demoras a A-76.