Como explicou, "trátase dunha infraestrutura “estratéxica” -mudou a sede da rúa Concello á Ponte Romana, ao pé da Vía da Prata- que permitirá “dar un salto cualitativo para facilitar e mellorar a atención daqueles que visitan esta cidade, que cada vez son máis”, salientou.
Neste sentido, referiuse aos máis de 52.000 viaxeros que acolleron
os hoteis e pensións da cidade nestes primeiros cinco meses do ano, o que supón
un incremento do 3% con respecto ao ano pasado. “E a demanda turística, con
máis de 95.000 noites é a mellor deste que temos rexistros”
Tamén fixo mención á crecente
internacionalización da cidade xa que o turismo internacional medrou en Ourense
un 29% e acadou os mellores niveis da historia con preto de 16.000 noites. Do
mesmo xeito salientou a importancia dos peregrinos para a cidade de Ourense,
que realizan a Vía da Prata e que este ano foron máis de 4.600 os que
recolleron a Compostela tras realizar este itinerario, o que supón un
incremento do 19% con respecto ao ano anterior.
A nova oficina de turismo xa está aberta
ao público. A intervención da Casa do Legoeiro supuxo a remodelación dun
inmoble histórico que ofrece un espazo de 200 metros. O edificio conta con dous
andares, un mostrador de recepción ao público, despachos para a área termal e
unha sala de exposicións, ademais dun xardín exterior, almacén e baño.
Ademais de funcionar para a atención e información aos visitantes, tamén está previsto dinamizala con exposicións para poñer en valor recursos turísticos da provincia como o termalismo, entroido, gastronomía, artesanía, posta en valor de produtos amparados polo selo Galicia Calidade ou destinos como a Ribeira Sacra, entre outras"
Celebro moito a apertura da nova oficina de turismo da cidade ubicada nun lugar emblemático e camiño de turistas e peregrinos.