domingo, 2 de junio de 2024

Corpus Christi na cidade de Ourense

Participo este domingo en Ourense na solemnidade de Corpus Christi,  que se celebra desde tempo inmemorial nesta capital.

Comezou ás dez da mañá coa misa na Catedral de San Martiño que oficiou o Deán. 

Ao acabar comezou a procesión na que centos de ourensáns acompañaron a imaxe da Custodia polas rúas da cidade. 

Discorreu pola rúa Lepanto, Praza do Ferro, Santo Domingo, Bedoya e Paseo. Seguimos logo por Lamas Carvajal, praza Maior para entrar logo por Arcediagos ata a praza de San Martiño. 

Alí impartiuse polo Deán a bendición a todos os participantes coa que concluíu  a celebración.