martes, 4 de junio de 2024

Por primeira vez en 28 anos o paro cae en Galicia por debaixo das 123.000 persoas

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2024.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de msio en relación co mes anterior en 4.238 persoas, un -3,40 %. 

Queda situada a cifra de desemprego en 122.036 persoas. É a cifra máis baixa de paro de toda a serie histórica desde hai que rexistros (1996), é dicir, é a primeira vez en 28 anos que o paro cae por debaixo das 123.000 persoas na comunidade autónoma. 

A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de maio do ano pasado, 12.398 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 9,22 %. 

Por sectores, 3.872 son da agricultura, 12.042 da industria, 8.180 da construción, 86.755 dos servizos e 11.187 do colectivo sen emprego anterior. 

Caeu o paro na evolución anual e mensual nas sete grandes cidades, nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a caída o primario con respecto a hai un ano e a abril de 2024.

As cifras de parados menores de 30 anos e de mulleres son as menores de toda a serie histórica (2005); e o número de parados de longa duración é o máis baixo dos últimos 15 anos, desde 2009.

  Ourense

Baixa o paro rexistrado en maio na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 408  persoas, un -2,73 %.

O número de parados queda en 14.545 deles 6.186 son homes e 8.359 mulleres, 13.920 son maiores de 25 anos e 625 menores.

Por sectores, 689 son da agricultura, 1.449 da industria, 975 da construción, 9.927 dos servizos e 1.505 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto maio do ano pasado, 930 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,01  %.