martes, 11 de junio de 2024

Alberto Pazos demanda a transferencia da AP-9 “nos termos que demanda Galicia e nos prazos razoables que esperan os galegos”

 

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe no Congreso que a transferencia da AP-9 á Comunidade galega se leve a cabo “nos termos que demanda Galicia e nos prazos razoables que esperan os galegos”. Neste sentido, considerou “paragóxico que a Galicia se lle negue a posibilidade de xestionar un camiño que apenas alcanza os 200 quilómetros, pero que vertebra ao 60 por cento da súa poboación e polo que diariamente peregrinamos decenas de milleiros de galegos”.

Alberto Pazos afirmou que acudía ao Congreso ao debate de totalidade da proposición de lei de transferencia da AP-9 a Galicia “con moi poucas certezas e con abundantes dúbidas”. Así, dixo que a admisión a trámite desta iniciativa lexislativa “será unha magnífica noticia para Galicia e os galegos, que agradezo sinceramente a todos aqueles grupos parlamentarios que a van facer posible”.

DÚBIDAS E PROMESAS

“Tamén teño a certeza de que o Grupo Popular, maioritario nesta Cámara, fará canto estea na súa man para que, ademais de ser admitida a trámite, esta iniciativa resulte definitivamente aprobada nos termos que demanda Galicia e nos prazos razoables que esperan os galegos”, apuntou. Neste sentido, destacou “a firmeza e as conviccións de quen hoxe preside este grupo parlamentario e tamén a coherencia dos seus actos, polo que doulle as gracias ao Presidente Feijóo por seguir defendendo no Congreso o que tantas veces defendeu no Parlamento de Galicia”.

O portavoz popular amosou a súa preocupación “polas dúbidas sobre como e cando terá lugar a transferencia da AP-9”, porque lembrou que “hai escasos meses o Goberno de España aceptaba ceder a xestión da vía, pero non aceptaba transferir a súa titularidade, nin aceptaba transferir os recursos económicos necesarios para a súa explotación nin aceptaba transferir o financiamento necesario para executar obras xa comprometidas”.

“Dúbidas ao comprobar como na pasada lexislatura, a pesar de acordar que esta iniciativa se substanciaría polo trámite de urxencia, acumulou, unha tras outra, ata 15 prórrogas por imposición dos socios do Goberno de España, que tamén ostentan o control da Mesa da Cámara”, indicou.

Ao que engadiu “as declaracións recentes do ministro de Transportes nas que afirma que a configuración da AP-9 convértea ‘en clara candidata a ser de titularidade estatal, porque ofrece unha conexión transfronteiriza’, unha afirmación radicalmente falsa, ou estimando o seu rescate en 4.000 millóns de euros, sen máis aval que o seu florido verbo”.

Para rematar, Alberto Pazos referiuse ás promesas realizadas tanto polo delegado do Goberno en Galicia como polo candidato do PSdeG á Xunta de garantir a gratuidade da AP-9 e a AP-53, ante o que avogou por “falar e negociar para cumprir o prometido”.

DEFENSA DA IGUALDADE

No debate de toma en consideración desta proposición de lei no Congreso, tamén tomou a palabra o deputado lucense do Grupo Popular Francisco Conde, quen non só adiantou o apoio a esta iniciativa, “senón que imos traballar cada día para que o seu trámite non se estanque”. “E non o imos facer unicamente polos compromisos do Partido Popular co desenvolvemento económico e estatutario de Galicia, senón na defensa da igualdade de trato de toda a cidadanía e de todos os territorios de España”, engadiu.

“Nunha lexislatura na que as únicas leis que se aproban son traxes a medida para os socios do Goberno, que só lles afectan a eles, esta proposición de lei é un soplo de aire fresco en medio do agotamento do Goberno”, manifestou Francisco Conde, quen deu as gracias ao Parlamento de Galicia “por permitirnos debater unha lei que responde a unha demanda real, que ten beneficios directos para a cidadanía, que é xusta e que é legal”.