miércoles, 5 de junio de 2024

En Galicia medraron en maio as afiliaciones en 8.957 persoas


Difunde hoxe o Instituto Galego de Estatística, un Informe sobre afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de maio de 2024.


O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de maio doano 2024 acadou a cifra de 1.077.292 para o total do sistema, o que supón un incremento respecto ao pasado mes de abril de 2024 de 8.957 afiliacións (0,84%). 


Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 21.321.794, rexistrando un incremento do 1,04% con respecto ao pasado mes de abril.


Na comparativa interanual (maio de 2024 con maio de 2023) obsérvase un aumento de 18.207 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,72%) e un aumento do 2,43% (506.395 afiliacións)no conxunto estatal.


Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de abril de 2024, rexístrase un aumento das afiliacións en todas as comunidades autónomas, destacando Illes Balears cun incremento do 9,30%. 


En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Madrid, Canarias e Illes Balears con taxas interanuais superiores ao 3,00%.