jueves, 6 de junio de 2024

Eleccións 9X: Animando aos ourensáns a votar nuns comicios moi importantes para a Unión Europea, pero tamén para Galicia

 

Xa na recta final da campaña das europeas, participo cos compañeios do PP de Ourense nas actividades de difusión do noso programa electoral na céntrica rúa do Paseo.

A nosa mensaxe é que chegou o momento de que Galicia sexa parte da resposta que a cidadanía dará ante Europa este domingo e ademais unha peza importante da vitoria do Partido Popular.

 

Animamos a todos vaian votar e inciten aos seus a facelo tamén. unha Queremos ter nesta provincia una alta participación o próximo 9 de xuño

  

Estas eleccións son moi importantes para a Unión Europea, pero tamén para Galicia e para España. Subliñar aspectos cruciais para o seu benestar como a pesca, a industria, a agricultura e gandería,os fondos europeos,  infraestruturas, transporte, enerxía, financiamento ou comercio exterior.