domingo, 9 de junio de 2024

Eleccións 9X: exercendo o dereito ao voto para elixir aos membros do Parlamento Europeo

Ao redor de 360 millóns de europeos están chamados ás urnas para elixir aos 720 membros do próximo Parlamento Europeo, deles 61 en España.

Un total de 355.808 ourensáns teñen dereito ao voto dos cales 251.172 residen na provincia e 104.636 están inscritos no CERA censados no estranxeiro.


As urnas están abertas hoxe  desde as 9,00 horas ata as 20,00 horas nalgún dos 399 colexios nos que se abriron 531 mesas electorais.


Ás 9:30 votei no meu colexio electoral, distrito 1 Sección 009 situado no Colexio Curros Enríquez.


Os primeiros resultados provisionais das eleccións europeas anunciaranse esta noite ao redor das 23.15-23.45 CEST no hemiciclo do Parlamento en Bruxelas.


Os resultados provisionais das eleccións europeas só poden publicarse despois das 23:00 horas CEST, unha vez pechados os colexios electorais en Italia. Antes, o Parlamento difundirá unha primeira batería de estimacións por países ao redor das 18:15 horas CEST, e unha primeira proxección da composición do novo Parlamento ao redor das 20:15-20:30 horas CEST, sobre a base de estimacións nacionais (sondaxes a pé de urna e enquisas preelectorais).


Unha segunda proxección de repartición de escanos, ao redor das 23:15-23:45 horas CEST (hora indicativa), incluirá os primeiros resultados provisionais dalgúns Estados membros da UE, con estimacións para o resto.