Galicia:
Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de abril en relación co mes anterior en 2.677 persoas, un -2,08 %.
Queda situada a cifra de desemprego en 126.334 persoas, o menor dato de toda a serie histórica (1996), é dicir, desde hai 28 anos.
Con respecto a marzo, o desemprego baixou entre as mulleres (-1,36 %) e os menores de 30 anos (-3,79 %).
Por sectores, 4.041 son da agricultura, 12.448 da industria, 8.444 da construción, 89.976 dos servizos e 11.425 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de abril do ano pasado, 13.009 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 9,34 %.
Galicia sitúase como a primeira comunidade autónoma na que máis baixou o paro en termos relativos con respecto a hai un ano e a terceira en absolutos. A caída nun -9,34 % supera en máis do dobre ao descenso rexistrado no Estado (-4,37 %).
Na comparativa con abril de 2023, por sectores económicos, a baixada do paro liderouna a construción (-12,87 %), seguida da industria (-12,54 %), do sector primario (-11,32 %) e dos servizos (-8,93 %).
Ourense
Baixa o paro rexistrado en abril na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 433 persoas, un -2,81 %.
O número de parados queda en 14.953 deles 6.468 son homes e 8.485 mulleres, 14.279 son maiores de 25 anos e 674menores.
Por sectores, 734 son da agricultura, 1.508 da industria, 995 da construción, 10.197 dos servizos e 1.519 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto abril do ano pasado, 1.166 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,23 %.