lunes, 27 de mayo de 2024

Eleccións 9X: de campaña co Partido Popular na rúa do Paseo de Ourense

Iniciamos esta mañá a campaña na cidade de Ourense coa presenza dunha carpa do Partido Popular na céntrica rúa do Paseo.

Alí estiven coas miñas compañeiras do distrito centro repartindo papeletas aos viandantes e explicando os obxectivos do noso Partido ante as inminentes eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño.
Un partido moderado, centrado, e que é a primeira forza do continente. O único que pode e quere defender as iniciativas galegas e dos galegos. Aquel que é capaz de facer máis Galicia en Europa.