miércoles, 3 de abril de 2024

Alfonso Rueda asume a candidatura á Presidencia da Xunta con responsabilidade e coa ilusión por traballar polo futuro de Galicia: “Comprométome a ser o presidente de todos os galegos”


O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, recibiu hoxe a proposta do presidente do Parlamento de Galicia para presentarse como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia asegurando que asume este encargo con responsabilidade e ilusión: “Comprométome a ser o presidente de todos os galegos e a traballar polas moitas oportunidades que Galicia ten por diante”.

En declaracións aos medios de comunicación logo de reunirse con Miguel Santalices, o líder dos populares galegos admitiu a responsabilidade que supón para el “aspirar ao máximo ao que se pode aspirar na vida política” e afirmou contar coa ilusión “que o cargo require para facelo ben”.

 

“Teño aínda moitas máis ganas de asumir esta responsabilidade logo da confianza obtida nas eleccións do 18 de febreiro e, se obteño o apoio do Parlamento, ofrezo a cambio todo o meu traballo en beneficio tanto das persoas que nos votaron como das que non”, explicou.

 

Comprometeuse así mesmo a dar cumprimento ao programa electoral co que concorreu ás eleccións “con responsabilidade, con sentidiño, con man tendida e co convencemento de que Galicia, especialmente nestes momentos tan convulsos a nivel nacional, ten moito que dicir”.

 

“Temos moitas reivindicacións, moitas cousas por conseguir e temos claro tamén que non queremos ser máis que ninguén. Por iso traballarei desde o primeiro momento para non ser tampouco menos que ninguén e que non se nos prive daquilo que merecemos”, engadiu.

 

Alfonso Rueda subliñou que Galicia ten “moito que dicir” no contexto nacional e moitas oportunidades por diante polas que hai que loitar. “Ese foi o meu compromiso cando me presentei ás eleccións e ese é o