martes, 2 de abril de 2024

En marzo aumenta la afiliación media a la Seguridad Social, quedando situada en 20.901.967 personas

Difunde hoxe o Instituto Galego de Estatística, un Informe sobre afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de marro de 2024.

Así coñecemos que o número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de marzo do ano 2024 acadou a cifra de 1.061.595 para o total do sistema, o que supón un incremento respecto ao pasado mes de febrero de 2024 de 6.577 afiliacións (0,62%). 

Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.901.967, rexistrando un incremento do 0,93% con respecto ao pasado mes de febreiro. 


Na comparativa interanual (marzo de 2024 con marzo de 2023) obsérvase un aumento de 18.064 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,73%) e un aumento do 2,58% (525.414 afiliacións) no conxunto estatal. 

Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de febrero de 2024, rexistrase un aumento das afiliacións en todas as comunidades autónomas, destacando Illes Balears cun incremento do 6,93%. En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexistranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears, Canarias e Madrid con taxas interanuais superiores a 3,50%.

Datos de afiliación por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social subiu con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. 




                                                                                             

Información segundo réxime de afiliación

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,95% das afiliacións galegas en marzo de 2024, aumentaron un 0,67% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 2,41%. En España estas taxas foron do 1,02% con respecto a

febreiro de 2024 e do 2,92% en relación ao mes de marzo de 2023. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (73,48%).


Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-1,46%), Ourense (-0,95%) e A Coruña (-0,05%) amosan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,12%) presenta unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,31%. Para este réxime e con respecto ao mes de febrero de 2024, suben as afiliacións nas catro provincias galegas: A Coruña (0,35%), Pontevedra (0,33%), Ourense (0,16%) e Lugo (0,09%); resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do 0,28%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 0,92% e unha subida intermensual do 0,46%.


No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a marzo de 2023, baixan as afiliacións na Coruña (-5,34%), Pontevedra (-5,00%) e Lugo (-3,66%). A taxa galega acada entón o -4,99%, inferior á de España (-1,68%). Con respecto a febreiro de 2024, A Coruña (5,73%), Lugo (3,30%) e Pontevedra (0,71%) presentan unha taxa de variación intermensual positiva. A taxa galega amosa un incremento do 2,25% con respecto a febrero de 2024. A taxa nacional é do 3,72%.


Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e Instituto Galego de Estatística.