viernes, 15 de marzo de 2024

Ethel Vázquez destaca que o retraso dos trens AVRIL supón para Vigo 20.000 prazas menos á semana, 70.000 € máis ao día e 20 minutos máis en cada viaxe a Madrid.



A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, x
unto coa delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Mobilidade, abordou hoxe a situación ferroviaria coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, atendendo unha iniciativa do seu presidente, Jorge Cebreiros.

Vázquez Mourelle sinalou que a conexión con Madrid está lastrada polo retraso dos trens Avril, que se levan agardando desde 2022. Instou ao ministro de Transportes a explicar por que non se cumpre o anuncio realizado sobre a chegada a Vigo no 1º trimestre de 2024.

Lamentou que os trens Avril nin vaian chegar en marzo nin haxa ningunha información oficial sobre cando van entrar en funcionamento.

Chamou a sumar esforzos para defender unhas conexións con Ourense e con Madrid que estean á altura do que Vigo e a provincia de Pontevedra necesitan para o seu desenvolvemento económico, turístico e social.

No encontro presentouse unha análise de situación que acredita graves eivas en todas as conexións ferroviarias da cidade e da provincia.

Concretou que nas comunicacións coas cidades do Eixe Atlántico hai unha xestión deficiente que se traduce en que a oferta de servizos e de prazas non responde á demanda. Engadiuademaias constantes incidencias e retrasos como consecuencia da falta de mantemento e da dotación de persoal suficiente.

Detallou tamén que a provincia de Pontevedra e a cidade de Vigo sofren, especialmente, polo desinterese do Executivo central cara a conexión en alta velocidade con Portugal.

Ethel Vázquez reiterou a urxencia dunha folla de ruta concreta para desenvolver a alta velocidade entre Vigo e Porto, axilizando a Saída Sur, que non vai poder estar antes de 2034.

Apuntou tamén a necesidade de que o Goberno abordeo treito entre O Porriño e a fronteira  portuguesa e, sobre todo, o proxecto da nova conexión internacional sobre o río Miño.

Tamén reivindicou que a terminal de Bouzas non pode quedar sen conexión ferroviaria coa rede xeral e co apartadoiro que o Porto de Vigo, en colaboración coa Xunta, está a executar na Plisan.

A conselleira advertiu de que coa prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado, a Saída Sur de Vigo volve contar neste ano 2023 coa pírrica cantidade de 30.000 € para o seu desenvolvemento.

Na xuntanza tamén se puxo enriba da mesa a liña do Miño, que necesita un investimento de 250 M€ que debe rematar en 2030, pero que non ten aínda data de inicio; ou a Variante de Cerdedoen estudo permanentemente desde hai 5 anos.

Ademais lembrou que a falta de compromiso do Goberno co Corredor Atlántico supón que Galicia está a perder unha oportunidade única para modernizar a súa rede ferroviaria, completala e conectala con Portugal.

A conselleira fixo fincapé na importancia de dispoñer de infraestruturas e servizos de tren fiables e competitivos para atender as necesidades de mobilidade da poboación, para impulsar unha mobilidade máis sostible e para a competitividade económica e empresarial.