martes, 13 de febrero de 2024

Eleccións 18F: O PP garantiza a implantación do transporte urbano de viaxeiros na comarca de Ourense coa cooperación activa entre a Xunta e a Deputación


Hoxé é martes de entroido e polo tanto festivo en boa parte dos concellos da provincia, o que influiu nas actividades de campaña.

Esta mañá seguimos na capital coa labor de difsión do noso programa na carpa ubicada na rúa do Paseo e noutros barrios.

E tamén e co obxecto de evidenciar o problema do transporte público de viaxeiros na comarca de Ourense, o presidente da Deputación, Luis Menor; a alcaldesa de San Cibrao das Viñas e vicepresidente primeira da institución provincial, Marta Nóvoa; e mailas candidatas populares ao Parlamento de Galicia, Victoria Núñez e Ana Méndez, compareceron esta mañá no Cumial, xusto no límite xeográfico entre os municipios de Ourense e San Cibrao.

 “Os autobuses urbanos chegan ata aquí, circulan por San Cibrao, pero non poden parar”, explica Marta Nóvoa, quen considera “inadmisible” este falta de servizo aos cidadáns. Sinala tamén a alcaldesa que tampouco existe servizo para os polígonos industriais, lembrando que só ao de San Cibrao acoden diariamente 12.000 persoas aos seus postos de traballo. “Precisamos feitos e menos ocurrencias, e só os alcanzaremos da man un presidente capaz de acadalos como é Alfonso Rueda”, dixo Marta Nóvoa.

 

Pola súa banda, o presidente da Deputación lembra que “o compromiso da Xunta liderada por Alfonso Rueda é total, igual que o da Deputación, para acadar por fin este servizo”. Precisamente, no que atinxe á institución provincial, Menor explica que a cooperación virá dada por dous eixos: axuda técnica e xurídica para toda a tramitación que precisen facer os concellos, así como apoio financieiros para axudar aos municipios usuarios do servizo, “e que as súas arcas municipais non se vexan demasiado afectadas”.