Hoxe comezou a campaña electoral coa clásica pegada de carteis, Na capital de Galicia foi protagonizado por Alfonso Rueda, e no caso da cidade de Ourense por Elena Rivo, acompañada do presidente provincial Luis Menor, membros da candidatura e militantes e simpatizantes,
No caso dos populares o fixemos unidos, mobilizados e motivados, pero nunca dando nada por feito.
Por iso, con
Alfonso Rueda á fronte, pedimos aos galegos a súa confianza co más valioso que
temos: a nosa traxectoria e a nosa palabra. Somos a mellor garantía dunha
Galicia orgullosa, unida, próspera e potente e que funciona.
Nesta campaña falaremos de Galicia, pero
tamén daquilo que o multipartito quere agochar: os 400 euros que lle custarán a
cada galego as débedas do independentismo catalán, o menoscabo que se está
producindo dos dereitos e liberdades que nos garante a Constitución e a
diferenza entre gobernar debéndose á xente e facelo debéndose a intereses
personalistas.