sábado, 10 de febrero de 2024

Eleccións 18F: Rajoy en Celanova: “Aquí en Ourense as cousas sempre se fixeron moi ben, gañando as eleccións, e estou seguro que esta vez vai volver a ser así”

 



Asisto esta tarde nun ateigado auditorio Ilduara, en Celanova, con máis de 400 persoas, ao mitin dos populares no que participaron o presidente de honra do Partido Popular, Mariano Rajoy; o líder dos populares na provincial, Luis Menor; os candidatos Elena Rivo e José Luis Ferro; e o presidente local do PP, Pablo Pérez.

 

Mariano Rajoy sinalou que “aquí en Ourense as cousas sempre se fixeron moi ben, gañando as eleccións, e estou seguro de que esta vez vai volver a ser así”. De feito, Rajoy deixou claro que “Galicia seguirá tendo un presidente que é unha persoa sensata, tranquila, con experiencia sobrada, que sabe do que fala, que ten palabra, que cumpre o que promete, que non di tonterías, e que se ten revelado como un extraordinario presidente”.

 

Pola súa banda, o presidente provincial do PP, Luis Menor, proclamou que “temos un rigor e unha orde que non podemos perder, por iso somos referencia en España e exemplo para os gobernos doutras comunidades. Pídennos no resto de España que poñamos freo ao que está a ocurrir en España”.

 


No tocante á cabeza de lista da candidatura dos populares ourensáns, Elena Rivo, fixo fincapé en que “o Partido Popular de Galicia ten un balance nos últimos 15 anos do que podemos sentirnos orgullosos. Esta é a Galicia que funciona, a Galicia que non para”, destacando que, a nivel local e comarcal, “coa mellora do Parque empresarial de Celanova, a ampliación da EDAR ou o proxecto de mellora da OU-540 ata a fronteira con Portugal, reafirmamos o noso compromiso coa Terra de Celanova e coa vertebración e dinamización do noso rural”.