Di así o medio:
“El subdelegado del Gobierno recordó que esta variante que evitaría el paso por el sinuoso trazado original adaptado a la alta velocidad fue aprobada en su momento por el Ejecutivo de José Luis Rodríguez Zapatero, «rechazada sine die por el de Mariano Rajoy y recuperada por el Gobierno de Pedro Sánchez». «Esta obra solo avanzó con el PSOE —añadió—, mientras que el PP de Rajoy y Feijoo rechazó la variante para meter el AVE por el centro de la ciudad». El subdelegado del Gobierno se refirió a las obras de la variante como «la mayor inversión ferroviaria en la historia de la ciudad», y constató que el compromiso del Gobierno central con este proyecto «está en marcha y se acerca a los 500 millones de euros». Después, destacó que ya están siendo ejecutados dos subtramos entre Taboadela y Seixalbo con 110 millones de inversión, y sobre los tramos pendientes de licitar se limitó a comentar que están «en tramitación», aunque adelantó «próximas licitaciones por valor de 350 millones de euros», sin concretar”.
Diante destas manifestacións, máis propias duns dirixente do partido socialista que do representante do Goberno na provincia, procedo a contestar.
Lembro agora unha nota de prensa que o 19 de Xullo de 2021 difundiu o PSdeG-PSOE de Ourense despois do anuncio de licitación, ese día, dos dous primeiros tramos da variante exterior
Nela celebraban o feito, algo saudable é normal, tamén o fixen eu, pero aproveitaron para incluir na citada nota monumentais mentiras que só tiñan explicacion no absoluto descoñecemento da realidade ou nunha mala fe desbordante e sectaria.
Dous anos despois, o subdelegado do Goberno en Ourense, incurre no mesmo vicio, e insiste prácticamente nas mesmas mentiras, que rebato agora, tal e como fixen nunha entrada deste blog do 20 de Xullo de 2021.
http://www.celsodelgado.gal/2021/07/publicaba-onte-neste-blog-unha-entrada.html
“PRIMEIRA MENTIRA: "O impulso desta licitación so foi posible grazas
a uun gberno socialista, logo que o proxecto estivese paralizado, desprezado,
postegrado e vilipendiado polo executivo de Rajoy, unha Xunta silente e
compracente ante aquela marxinación"
SEGUNDA MENTIRA: "Os
consrvadores meteron este tramo nun caixón do Ministerio de Fomento en
2012, e alí quedou agochado, porque non moveron nin un so papel ni puxeron un
so euro para as obras, cando os trámites administrativos xa os deixou
encarrilados o goberno de Zapatero"
TERCEIRA MENTIRA: "Non
debemos esquecer que recibiu a impresentable cifra de 0 euros nos orzamentos
xerais do esstado de 2018, os últimos do PP, fonte aos centos de millóns
incluidos nas actuais contas do goberno de Sánchez"
Para rebater estas mentiras presento este histórico da variante desde abril de 2014, que se pode contrastar vendo as publicacións das entradas deste blog e as ligazóns a Boletíns Oficiais e notas de prensa que referencio:
11.4.2014: Publícase no Boletín Oficial do Estado, a Resolución
da Secretaría de Estado de Infraestructuras de 3 de marzo de 2014 pola que se
aproba o expediente de información pública e audiencia e o estudo informativo
do “Proxecto de Integración Urbana e Acondicionamiento da Rede Ferroviaria
de Ourense”, propoñendo como solución a desenvolver nos proxectos
constructivos a alternativa 2 coas modificacións definidas no propio expediente
a raíz das alegacións recibidas, e coas seguintes adecuacións:
Anuncio 13146 del BOE núm. 88 de 2014
-No
tramo Taboadela-Seixalbo, optimizarase o trazado para pasar sobre o río Mesón
de Calvos.
-
No tramo Seixalbo-Ourense, se implantará exclusivamente unha plataforma de vía
dobre, cunha via de ancho UIC e outra de ancho mixto.
Ademais
na Resolución dise que a redacción e aprobación dos proxectos constructivos e a
execución das obras corresponderá a ADIF-Alta Velocidade.
Tamén
se destaca polo Ministerio que xa se iniciou a tramitación ambiental da
optimización do trazado do tramo Taboadela-Seixalbo, co envío ao Ministerio de
Agricultura, Alimentación e Medio ambiente do correspondente Documento
ambiental, para a avaliación de impacto ambiental simplificada conforme ao
establecido na Lei 21/2013 de avaliación ambiental.
Esta
Resolución confirma o expresado o 19 de abril de 2013 por Ana Pastor: a
variante entre Taboadela e Ourense, é a solución máis adecuada para a chegada
da alta velocidade e que a súa tramitación avanza decididamente.
27.4.2015: O Boletín
Oficial do Estado publica o Anuncio do ADIF-Alta Velocidade polo que se
somete a información pública, para os efectos de expropiacións, o Proxecto de
Construción de Plataforma de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede
Ferroviaria de Ourense. Tramo: Túnel de Montealegre-Estación de Ourense.
Anuncio 13221 del BOE núm. 100 de 2015
28.4.2015: O Boletín Oficial de Estado publica o Anuncio do ADIF-Alta Velocidade polo que se somete a información pública, para os efectos de expropiacións, o Proxecto de Construción de Plataforma de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Seixalbo-Túnel de Montealegre. BOE.es - BOE-B-2015-13408 Anuncio del ADIF-Alta Velocidad por el que se somete a información pública, a efectos de expropiaciones, el Proyecto de Construcción de Plataforma de Integración Urbana y Acondicionamiento de la Red Ferroviaria de Ourense. Tramo: Seixalbo-Túnel de Montealegre.
2.9.2015: Constitución
na sede do Ministerio de Fomento dun Grupo de traballo para a integración
ferroviaria da alta velocidade na cidade de Ourense.
Nesa reunión que presidiu a ministra Ana Pastor coa
presenza do secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda Julio
Gómez-Pomar, o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, o alcalde de
Ourense, Jesús Vázquez, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar.
18.2.2016: Xuntanza de traballo deste Grupo no Ministerio de Fomento. Nesa reunión foron abordadas cuestión de gran importancia como a situación da dos proxectos da variante exterior da LAV entre Madrid e Galicia entre Taboadela e Seixalbo e entre Seixalbo – Túnel de Montealegre e a estación de Ourense. Tamén foron abordadas cuestión relativas á integración ferroviaria na cidade para dotala da máxima permeabilidade.
Foi presidida pola ministra Ana
Pastor, e na que estivo tamén o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez,
e a conselleira de infraestruturas e vivenda, Ethel Vázquez.
Ademais etaban presentes o secretario de Estado de infraestruturas, transporte
e vivenda, Julio Gómez Pomar, o secretario xeral de infraestruturas Manuel Niño
e o presidente de ADIF, Gonzalo Ferre, a directora xeral de Mobilidade, Helena
de Lucas, o concelleiro de
Urbanismo, José Cudeiro, os deputados Celso Delgado e Miguel Viso e outros altos
responsables de ADIF.
12.12.2016: Nun programa de televisión española, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, foi entrevistado sobre cuestións do seu departamento. Falou da necesidade de que Fomento sexa cada día máis eficiente co diñeiro público. E neste contexto fixo unha reflexión sobre a proxectada variante exterior de alta velocidade de Ourense: “se por catro minutos de viaxe merece a pena destinar 600 millóns de euros ou se é mellor empregar ese investimento noutro fin” engadindo que o “debate centrouse máis en canto diñeiro hai que investir e menos en termos de tempos de viaxe”
13.12.2016: o deputado Celso Delgado declara no diario La Región “a variante exterior é necesaria como todos os quilómetros da conexión, e que é ademais sustentable económicamente e funcionalmente, e que se defende con argumentos". Lembrou ademais que o proxecto xorde do consenso alcanzado en 2013 entre todas as administracións e que nos últimos realizáronse diferentes avances para a súa licitación. E engadíu que "entendería unha solución temporal mentres non se finaliza, pero outra cousa é que se converta en definitiva".
13.12.16:Ese mesmo día despois dunha xuntanza
urxente en Madrid do alcalde Jesús Vázquez e do deputado Celso Delgado co
ministro De la Serna, desde o Ministerio de Fomento remitiuse
pola tarde unha nota que literalmente dicía:“O ministro de Fomento, Íñigo da
Serna, mantén tamén o compromiso de que a alta velocidade chegue a
Ourense, tal e como estaba previsto, a través da denominada variante exterior,
que uniría Taboadela con Ourense, e que nestes momentos atópase en fase de estudo
ambiental.
O
Ministerio quere aclarar deste xeito as dúbidas que se suscitaron no marco da
reflexión de carácter xeral para buscar solucións que permitan anticipar a
chegada da alta velocidade ás principais capitais españolas. En todo caso, a
variante exterior de Ourense está contemplada dentro dos proxectos que este
Ministerio ten previsto executar”
28 de xuño de 2017: O BOE publica a Resolución do 13 de xuño de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto Integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense, tramo Taboadela-Seixalbo.
Disposición 7461 del BOE núm. 153 de 2017
3 de abril de 2018: o Goberno de Mariano Rajoy presentou
no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado
para 2018. E neles ADIF-AV contemplou o proxecto da Variante de Ourense.
Cifrou o seu custo en 635,56 millóns de
euros que distribuíu de 2017 a 2024. Consignábase para 2018, 3 millóns, para
2019: 35 millóns, para 2029, 228 millóns e para 2021, 154,56 millóns de euros.
Estos orzamentos foron aprobados.
6 de abril de 2018: o
Consello de Ministros presidido por Rajoy, autorizou as operacións previas
necesarias para que o tramo de ancho convencional (1.668 mm) Taboadela-Ourense
transfórmese nun tramo da rede de alta velocidade de ancho internacional (1.435
mm).
Na
nota que difundía ADIF-AV dicíase entre outras coas que "realizará
unha adecuación integral da liña no tramo Taboadela-Ourense, para permitir que
a alta velocidade chegue canto antes á capital ourensá e acúrtense os tempos de
viaxe ata a Meseta." E engadía "As actuacións no tramo
Taboadela-Ourense permitirán a continuidade da conexión ferroviaria de alta
velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta mentres se tramita e
constrúe a variante exterior de Ourense, polo que son complementarias ao
proxecto de variante".
7 de maio de 2018: en
Ourense, con ocasión da presentación do selo conmemorativo do centenario da
Ponte Nova, o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna dixo sobre a variante de
Ourense: “que seguimos traballando nos proxectos e que mañá se
publicará a aprobación da parte correspondente a Taboadela- Seixalbo, que era o
primeiro dos tramos ou o que máis avanzado estaba.”
E
estas palabras cumpríronse debido a que ao día seguinte, 8 de maio de 2018 o BOE
publicou o anuncio da Subdirección Xeral de Planificación Ferroviaria da
Secretaría Xeral de Infraestruturas pola que se aprobaba o expediente de
Información Pública e Audiencia e definitivamente do "Proxecto Básico de
integración urbana e acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo:
Taboadela- Seixalbo".
Anuncio 26008 del BOE núm. 111 de 2018
Nel
propoñíase como solución a desenvolver nos proxectos construtivos a
"Alternativa Modificada" coas modificacións definidas no propio
Expediente por mor das alegacións recibidas. Unha solución proposta así mesmo
na Declaración de Impacto Ambiental. E dicíase ademais que a redacción e aprobación
dos proxectos construtivos e a execución das obras corresponderá ao
administrador da infraestrutura ferroviaria, de acordo co establecido no artigo
6 da Lei 38/2015, do 29 de setembro, do sector ferroviario.
E
engadíase que “Nos proxectos construtivos que desenvolvan a solución
aprobada teranse en conta as prescricións incluídas na mencionada Declaración
de Impacto Ambiental, formulada por Resolución do 13 de xuño de 2017 da
Secretaría de Estado de Medio Ambiente e publicada en BOE do 28 de xuño de
2017.”
Nunha nota
de prensa do Ministerio de Fomento do citado día 8 de maio dicíase que
"En marzo de 2014, aprobouse o “Estudo Informativo do Proxecto de
Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense”. Durante
a redacción dos proxectos que desenvolven o mencionado estudo no tramo
Taboadela- Seixalbo, viuse a necesidade de expor un novo trazado alternativo,
fundamentalmente por mor das dificultades geotécnicas na zona de Santa
Leocadia, así como porque a propia Resolución de aprobación do estudo informativo
prevía a necesidade de optimizar o trazado para pasar sobre o río Mesón de
Calvos.
O
proxecto desenvolve un trazado alternativo (Alternativa Modificada)á solución
aprobada inicialmente e inclúe un estudo comparativo de ambas as alternativas e
unha análise multicriterio que xustifica a idoneidade da solución
proposta.
O
trazado comeza en superficie, bordeando o núcleo rural de Espiñeiro polo
norte e avanzando entre as edificacións da periferia das poboacións de Santa
Leocadia e de Mesón de Calvos. Unha vez atravesada esta zona con maior
poboación, cruza en túnel toda a elevación de Rante, continúa mediante un
viaduto sobre a estrada N-525 e o río Barbaña, e discorre posteriormente
sobre o túnel existente de Aspera, que será reforzado.
A continuación, o trazado aproxímase á vía existente e á zona urbana, cruza
sobre o ferrocarril Zamora-Ourense e atravesa, de novo en túnel, o cerro
de Curuxeirán, para volver separarse finalmente da vía existente.
O proxecto básico someteuse a información pública e audiencia en abril do ano
2015 e o pasado 13 de xuño de 2017 obtivo a correspondente Declaración de
Impacto Ambiental ( DIA), de acordo ao establecido na Lei 21/2013, do 9 de
decembro, de avaliación ambiental. Antes da súa aprobación, foi preciso completar
outros trámites preceptivos desde a aprobación da nova Lei 38/2015, do 29 de
setembro, do Sector Ferroviario."
1 de xuño de 2018: saíu adiante a moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy presentada polos deputados do Grupo Parlamentario Socialista e Pedro Sánchez obtivo a confianza da Cámara. E o 7 de xuño comeza o mandato do novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, que nomea para a presidencia de ADIF-AV á Isabel Pardo de Vera, que era con anterioridade a Directora Xeral de Operacións deste ente.
A entón presidenta de ADIF Isabel Pardo de Vera o 29 de novembro de 2018 dixo nunha conferencia no ForoLa Región sobre variante exterior de Ourense e dixo:
“Optouse por aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, pero hai unha variante que se fará, que espera pola adecuación dos proxectos á normativa porque nós pensamos en termos ferroviarios que quedarnos con 14 qm. de vía única na entrada de Ourense pode, nalgún momento, condicionar a fiabilidade da liña. Adif ten que ter flexibilidade para que non haxa incidencias"
E engadiu Pardo de Vera que "confiaba en que os proxectos da variante exterior estean listos en seis meses para proceder á licitación da primeira fase, de 135 millóns.
Tras adecuar os proxectos á nova normativa, levantarán
a suspensión do tramo Taboadela Xeixalbo, que será o primeiro en
licitarse.”
E dicir viña a confirmar todos os anuncios realizados
na etapa de goberno do PP, na que ela foi Directora de ADIF.AV.
10 de xaneiro de 2019: o deputado Celso Delgado fixo desde o Congreso
unha pregunta ao Goberno sobre "cando seríán licitadas as obras do tramo
Taboadela-Seixalbo tras a aprobación definitiva en 2018 do proxecto básico de
integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de
Ourense".
O 4 de mazo de 2019, recibía esta
resposta:" O proxecto constructivo do tramo indicado está
actualmente en fase de supervisión; unha vez concluida a mesma poderase
continuar coa sua tramitación e posterior licitación"
O 7 de marzo
de 2019 o Diario Oficial da Unión Europea publicaba tres
anuncios periódicos indicativos, que tiñan por obxecto reducir prazos de
recepción de ofertas.
Ditos anuncios prevían estimativamente a licitación o
1 de xullo de 2019 dos tramos de plataforma Taboadela-Túnel de Rante, por
un valor de 88 millóns de euros, o Túnel de Rante-Conexión
Seixalbo, por valor de 21 millóns de euros, e o da Conexión Seixalbo-Seixalbo,
por importe de 9 millóns de euros, todos eles co IVE excluído.
Pois ben, nada do anunciado foi cumprido por ADIF-AV;
non se publicou licitación das obras dos tramos antes mencionados e tampouco
deuse polo administrador ferroviario ningunha explicación sobre as razóns desta
demora nin oficialmente nin por vía parlamentaria.
O 4 de
xaneiro de 2020, o Goberno rexistrou no Congreso unha resposta
a unha pregunta que fixemos sobre este incum,primento e dixo: “En
relación con los asuntos interesados, se señala que en el anuncio del pasado 7
de marzo de 2019 se indicaba como tentativa de licitación del contrato de obras
del contrato “Variante de Ourense. Túnel de Rante-Conexión Seixalbo y Conexión
Seixalbo-Seixalbo Plataforma, a finales de 2019. En todo caso, se indica
que las publicaciones de anuncio de licitación en el Diario Oficial de la
Unión Europea (DOUE) son informativas, no vinculantes.”
Unhas respostas claramente decepcionantes que
evidenciban que ADIF-AV, non traballou con dilixencia e acreditaban no ter
vontade real de licitar a variante exterior de alta velocidade ferroviaria
entre Taboadela e Ourense,de 16,9 qm.
Finalmente o Diario Oficial da Unión Europea dedicado
á contratación pública europea publicaba o 2
de abril de 2021 dous anuncios indicativos relacionados coa
Variante de Ourense.
- Execución de obras do proxecto de construción de
plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de
Ourense. Tramo: Taboadela- Seixalbo. Taboadela-Túnel de Rante.
Valor total estimado IVE/IVE excluído: 80.422.119,45
EUR
Duración do contrato en meses: 34
Data estimada de publicación do anuncio de licitación:
30/06/2021
- Execución de obras do proxecto de construción de
plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de
Ourense. Tramo: Taboadela- Seixalbo. Subtramo: Túnel de Rante-Conexión.
Valor total estimado IVE/IVE excluído: 24.652.046,04
EUR
Duración do contrato en meses: 30
Data estimada de publicación do anuncio de licitación:
30/06/2021.
E o Diario Oficial da Unión Europea publicaba o 9 de
abril de 2021 outro anuncio indicativo vinculado aos anteriores.
- Execución de obras. Variante de Ourense. Tramo
conexión Seixalbo- Seixalbo
Valor total estimado IVE/IVE excluído: 12.338.090,91
EUR
Data estimada de publicación do anuncio de licitación:
31/12/2021.
Con todo ningún preanuncio fíxose en relación co
tramo que iría desde Seixalbo polo túnel de Montealegre ata a
estación de Ourense.
Finalmente ADIF-AV retrasou en dezanove días o
compromiso contraído de licitar os dous primeiros tramos, o que considero unha
demora sen importancia.
Remató dicindo que sobre o acontecido desde 2006 ata agora en relación co devenir da variante exterior pode consultarse a entrada que publiquei neste blog o 23 de marzo de 2012.
http://www.celsodelgado.gal/2012/03/el-pasado-16-de-diciembre-de-2011.html
O 4 de decembro de 2021 o Consello de Administración de ADIF-AV autorizou a adxudicación de dous contratos de obras- Do tramo Taboadela-Túnel de Rante á UTE formada por Construcións Sánchez Domínguez San e Rover Infraestruturas por 83.443.980,59 euros (IVE incluído).E do tramo Túnel de Rante-Conexión Seixalbo a Rover Infraestruturas por 27.448.623,45 euros (IVE incluído).
Ese mismo día escrbía neste Blog: "Alégrame moi especialmente a recente noticia de que Adif Alta Velocidade, adxudicou os dous primeiros tramos da Variante Exterior de Ourense, cuxa execución veño defendendo desde o Partido Popular hai moitos anos.
Compre seguir traballando para conseguir que as obras destes tramos execútense en prazo e licítense os outros tramos pendentes da variante exterior: Conexión Seixalbo-Seixalbo; Seixalbo-Túnel de Montealegre. e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense."
CONCLUSIÓN:
De todo o relatado despréndese con nitidez que as afirmacións do subdelegado do Gobernó son falsas, como o foron no seu día as do seu Partido.
Considero que en política non debe valer todo para tentar desacreditar ao adversario político, e que a crítica ha de ser construtiva e baseada en feitos certos.
Remató dicindo o mesmo que o 20 de xullo de 2021: “Hoxe é dia para alegranos destas licitacións e para tomar conciencia do moito que debemos seguir traballando para conseguir que as obras destes tramos execútense, e licítense os outros tramos pendentes da variante exterior:Conexión Seixalbo-Seixalbo; Seixalbo-Túnel de Montealegre e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense.”
Agardamos deste Goberno que leva máis de cinco anos mandando en ADIF- AV que licite as obras dos tramos pendentes da variante exterior.