sábado, 18 de noviembre de 2023

Na entrega dos XII Premios AJE Ourense


Convidado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense asisti onte nas instalacións do concesionario Bétula Cars á entrega dos XII Premios AJE Ourense.

Na categoría de compromiso social, foi premiado o labor de Morea, a asociación de familiares e enfermos mentais.


O premio Mentor recaeu en Andrés Rodríguez Gómez, presidente de Viña Costeira. «A súa elección baséase no seu firme compromiso coa innovación e a excelencia na produción de viños, así como no seu liderado na promoción do prestixioso viño Ribeiro».


Na categoría de mellor iniciativa emprendedora, gañadora foi María Álvarez, de Alma Avogados polo seu «enfoque innovador e a súa capacidade para adaptarse ás necesidades cambiantes dos seus clientes»


Na categoría de mellor novo empresario, o negocio elixido foi Meraki Cakes & Food pola súa «exitosa incursión no mundo da pastelería e a alimentación». 


Parabén a todos os premiados.