Sede da ERA |
A ERA publicou onte a homologación dos trens Talgo Avril da Serie 106 de ancho fixo e da mesma serie de rodadura desprazable, o que implica que poderán ser autorizados para poder circular pola rede ferroviaria española.
Sen dúbida una boa noticia que chega tarde pola demora de Talgo na fabricación destas unidades, superando con creces o prazo contractual formalizado con Renfe.
Fáltanos agora por coñecer agora cales son os prazos
concretos que manexa o Ministerio de Transportes para que esas unidades sexan entregadas por
Talgo a Renfe para o inicio da formación de maquinistas e o tempo que se vai
prolongar ese proceso.
Pese o compromiso do secretario de Estado de
Infraestruturas de trasladar as novidades ao respecto dos trens Avril, a Xunta non ten información
directa do Ministerio de Transportes respecto a esa homologación e os seguintes
prazos concretos que manexa para eses trens.
Lamentamos que o Ministerio segue coas súas inconcrecións e falta de información. Descoñecemos: se vai cumprir o seu compromiso de que os trens Avril estean en funcionamento no 1⁰ trimestre de 2024, a nova data anunciada; tamén os criterios para o reparto dese material rodante; e se entregará á comunidade os 7 trens de rodadura desprazable que demanda a Xunta para Galicia.
Procede apuntar que todas as datas que desde o Goberno de Pedro Sánchez foron dadas sobre a entrega a Renfe dos trens Avril resultaron sistematicamente incumpridas: primeiro desde o Mitma dixeron xuño de 2020; despois , principios do ano 2021; máis adiante a finais de 2021, coa escusa do estado de alarma.
O 26 de xaneiro de 2022 os deputados do PP preguntamos sobre a data de 2022 que previra Renfe para que os trens Avril circulasen pola liña de alta velocidade Madrid-Galicia.
A resposta escrita do Goberno chegou o 2 de marzo de 2022 e dicía literalmente: “Infórmase que os trens xa están en probas e están dispoñibles para as probas de homologación en Francia en canto as autoridades francesas faciliten a posibilidade. Nas recentes comparecencias públicas da Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, por exemplo, na súa recente viaxe a Galicia, tanto a Ministra como o Presidente da Xunta deixaron claro que, se a empresa fabricante cumpre, os trens estarán en servizo no verán.”
Como se viu ese prazo do verán de 2022 ofrecido pola ministra Raquél Sánchez, foi novamente incumprido. Logo dixeron que sería no primeiro trimestre de 2023 e sen pudor incumpriron.
E o 25 de maio de 2023 Talgo S.A. compañía dedicada ao deseño, fabricación e mantemento de trens unha nota de prensa na que trasladaba estas mensaxes “Talgo poñerá ao dispor de Renfe no mes de novembro as primeiras unidades do tren de moi alta velocidade Talgo Avril, listas para a súa operación comercial.”
En definitiva un autentico desastre a xestión do contrato entre Talgo e Renfe unida á desidia do Mitma que non se tomou este asunto en serio.