miércoles, 2 de agosto de 2023

En Xullo o paro rexistrado acada en Galicia a cifra de 127.445 persoas desempregadas, a mellor desde hai 27 anos (1996)

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2023.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de xullo en relación co mes anterior en – 1.579 persoas, un  -1,22 %. A comunidade autónoma acadou o número de paro máis baixo de toda a serie histórica por cuarto mes consecutivo con 127.445 persoas sen emprego, a mellor cifra desde hai 27 anos.

Por sectores, 4.107 son da agricultura, 12.959 da industria, 8.800 da construción, 90.151 dos servizos e 11.428 do colectivo sen emprego anterior. 

No referido á comparativa co mes de xuño, o paro descendeu nas catro provincias, no colectivo de mulleres, no de parados de longa duración e entre os menores de 30 anos, así como en todos os sectores económicos.

A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de xullo do ano pasado, 12.405 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,87 %.

Unha baixada superior á do Estado (-7,14%) con 1,73 puntos de diferencia, descendendo nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos. Liderou o descenso o primario (-15,56%), seguido da industria (-12,10%), da construción (-10,91%) e dos servizos (-9%).

Por colectivos prioritarios, as cifras de parados menores de 30 anos e de mulleres son as menores da serie histórica (2005). Ademais, desde xullo de 2008 non se rexistraba un número tan baixo de persoas paradas de longa duración nun mes de xullo.

Ourense

Baixa o paro rexistrado en xullo na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 185 persoas, un – 1,23 %.

O número de parados queda en 14.915 deles 6.111 son homes e 8.804 mulleres, 14.350 son maiores de 25 anos e 565 menores.

Por sectores, 729 son da agricultura, 1.591 da industria, 1.048 da construción, 10.021 dos servizos e 1.526 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 1.649 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 9,96 %.