Segundo a sentenza do TS, Acega, concesionaria da autoestrada de peaxe Santiago-Dozón AP-53 reclamou un reequilibrio concesional pola perda de ingresos durante o período que foi do 13 de marzo ao 15 de xullo do 2020, en pleno confinamento pola pandemia do coronavirus. Afirmaba que a situación motivara unha caída moi relevante do tráfico no vial, única fonte de ingresos da sociedade, o que supuxo que o contrato non se puidese executar baixo parámetros de normalidade e nas condicións pactadas, provocando unha forte perda de ingresos que tivo que asumir.
Celebro moito esta sentenza que vén coincidir co criterio que expresei o 22 de setembro de 2020 cando intervín na Comisión de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana do Congreso para fixar a posición no debate dunha Proposición non de Lei sobre prórrogas na concesión de autoestradas de peaxe en motivo da COVID-19, do Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana de Cataluña.
Y habrá que preguntarse si es realmente justo y proporcionado que grandes empresas que obtienen enormes beneficios como consecuencia de los peajes que cobran deban ser solicitantes de un reequilibrio y, por lo tanto, en la tramitación parlamentaria de esos proyectos de ley habrá que moderar y determinar el alcance de estas normas.
Esta iniciativa se refiere a Cataluña, pero esta problemática es general de todas las autopistas del Estado. En Galicia, por ejemplo, la autopista del Atlántico, AP9, es una autopista ya con unos peajes muy caros y con unos plazos de concesión excesivamente ampliados y creemos que hay que mirar las cosas más desde la perspectiva de los usuarios, que desde la perspectiva de las empresas.”
Criterio que coincide con el de la Xunta de Galicia que hoy en un comunicado dice:
“ O Tribunal Supremo vén confirmar o que sempre veu defendendo a Xunta ao negar que se deba compensar á concesionaria da AP-53 pô-la caída de ingresos polo confinamento.
A sentenza avala a postura do Goberno galego, contraria a que as concesionarias das autovías ou autoestradas, estatais ou autonómicas, teñan dereito a unha compensación pola perda de ingresos derivada das restricións de mobilidade no estado de alarma.
Neste sentido, a Xustiza xa lle dou con anterioridade a razón á Xunta ao desestimar as solicitudes de reequilibrio de concesións presentadas polas concesionarias das autovías do Barbanza e de Celanova ante a caída do tráfico derivada da pandemia.
O Goberno galego desestimou todas as solicitudes de compensación presentadas polas empresas que explotan estas vías de titularidade autonómica ao considerar que:
- a rendibilidade de concesións longas non pode medirse en función do tráfico rexistrado durante 3 meses, o que agora avalan os tribunais.
- e cando nunca se forzou o peche parcial ou temporal das autoestradas na pandemia, senón que só se limitou o movemento dos cidadáns.
Polo tanto, esta nova sentenza avala o que defende a Xunta.”