miércoles, 26 de julio de 2023

Eleccións 23X: Rueda: “Repetirémolo as veces que fagan falta: Feijóo gañou as eleccións en España cun apoio espectacular en Galicia"


Esta mañá en Santiago de Compostela celebramos reunión da Xunta Directiva do PP de Galicia na que Alfonso Rueda destacou que un ourensán Alberto Núñez Feijóo «gañou as eleccións en España con un apoio abrumador de Galicia, e Galicia quere que intente cando menos ser presidente do Goberno de España».

E dixo que ante a complexa situación política, a comunidade debe seguir sendo «o que fomos sempre: unha garantía de estabilidade. De aquí non van vir problemas, tensións nin chantaxes, vai vir estabilidade, certeza e solucións».

«Fora dos extremos está a inmensa maioría da cidadanía. Eu alégrome moitísimo de que en Galicia siga sendo así, e todo apunta a que seguirá sendo así moitísimo tempo», engadiu. 

Rueda dixo  que o PPdeG obtivo 697.530 votos o 43,5 %, o que supuxo 222.332 votos máis que nas eleccións de novembro de 2010.

Sinalou que os 330.000 votos que Feijóo sacou de vantaxe a Sánchez, 220.000 saíron de Galicia.  E destacou que Lugo e Ourense, subliñou, foron as provincias do país con máis apoio ao PP.

E puxo en valor que o PP de G obtivese todos os senadores e 13 dos 23 deputados en xogo.