viernes, 7 de julio de 2023

Eleccións 23X: O PP compromete de xeito temporal a redución IVE da carne, do peixe e das conservas

Os candidatos do PP de Ourense acudimos hoxe á Praza de Abastos de Ourense para realizar unha visita aos comerciantes instalados, coñecer as súas necesidades e falarlles das nosas propostas económicas entre as que se inclúe a baixada do IRPF a rendas inferiores a 40.000 euros e do IVE da carne, o peixe e as conservas, con carácter temporal.