Javier Moro, condutor do espazo diario Voces de Ourense, foi o encargado de moderar este debate no que participamos Celso Delgado, número 3 da lista ao Congreso do Partido Popular; Marga Martín, número uno dos socialistas ao Congreso; a candidata ourensá do BNG Noa Presas; o cabeza de lista ao Senado de Sumar, Manuel Nogueira; e María Cristina Bravo Bosch, número uno ao Congreso por Vox.
O debate comezou cun minuto de presentación para cada un dos invitados e logo dividiuse en tres bloques nos que os candidatos puidemos expoñer o posicionamento das nosas formacións en temas como economía, infraestruturas ou políticas sociais, sempre desde a perspectiva da provincia.
O debate das eleccións xerais púidose seguir a través das frecuencias de Radio Voz na provincia de Ourense: 89.3 na zona de Ourense, comarca e norte da provincia; 97.9 na comarca de Valdeorras; 95.8 na de Verín e no 96.9 na zona de Xinzo. Así mesmo emitiuse, como é habitual, a través da web www.radiovoz.com.
Este foi o meu minuto inicial
" O 23 de xullo temos unhas eleccións decisivas nas que o noso
partido propón como candidato á presidencia do Goberno a un ourensán coñecido
por todos, Alberto Núñez Feijóo.
Pedimos aos electores ourensáns unha “gran maioría” para
facer posible un “cambio sen ira” que substitúa as coalicións de partidos por
pactos de Estado para mellorar España.
• Un Pacto Institucional que mellore a calidade da nosa
democracia, preservando a división de poderes e a independencia dos organismos
de control.
• Un Pacto polo Estado do Benestar, que garanta a viabilidade
da Sanidade Pública e a estabilidade da Educación.
• Un Pacto polo Saneamento Económico, que garanta a solvencia
dos máis vulnerables e da clase media, e busque un camiño máis próspero para os
mozos.
• Un Pacto polas Familias, para que poidan compartir tempo
cos seus e facer posible a conciliación.
• Un Pacto Territorial destinado a fortalecer a España das Autonomías, mediante un diálogo multilateral, pero sen tolerar ataques á unidade nacional nin someter os intereses de España a outros minoritarios, partidistas ou personais"
E este foi o meu minuto final de peche
" Só quedan cinco días para facer posible o cambio de presidente de Goberno que levamos esperando desde fai cinco anos. Chegou o momento.
O Partido Popular é o
único que garante o cambio que España necesita. E querémolo facer sen coalicións
nin intermediarios, pero tendo en conta a todos.
Os populares cremos que
é posible reunir a unha gran maioría á quen lle pedímos o voto para devolverlle
con feitos a confianza no seu país, na súa xente, nos pactos e en España.
Os ourensáns coñecen
mellor que ninguén a Alberto Núñez Feijóo, é un de nós, naceu nos Peares, no
seo dunha familia sinxela, fíxose a si
mesmo e leva trinta anos de servizo público.
Durante catorce anos
gobernou con eficacia e solvencia Galicia grazas ás maiorías absolutas que lle
deron os galegos.
O domingo a túa papeleta
é a do partido Popular, non importa a quen votases antes, porque quizais non
sexamos o teu partido, pero neste momento somos a solución.
Se queres un presidente
para todos o vindeiro domingo, vota a Feijóo."