miércoles, 19 de julio de 2023

Elecciones 23X: Visitando unha escola infantil e dando a coñecer que o PP propón que a educación de 0 a 3 anos será universal e gratuita

Os candidatos do PP visitamos hoxe, unha excola infantil na rúa Xares do barrio do Vinteún na cidade de Ourense. Ana Vázquez desgranou varias propostas do noso programa electoral do PP en materia de educación, facendo fincapé nesta:

A EDUCACIÓN DE 0 A 3 ANOS SERÁ UNIVERSAL E GRATUÍTA e estará cofinanciada polo Estado e as Comunidades Autónomas, como panca para a loita contra as desigualdades no punto de partida, así como para facilitar a conciliación. Dotaremos de novas prazas financiadas con fondos públicos, priorizando aqueles lugares onde exista maior vulnerabilidade. Definiremos como orientacións curriculares na educación infantil a adquisición da linguaxe, a comprensión lectora e as habilidades numéricas básicas.