miércoles, 5 de julio de 2023

Eleccións 23X: Os canddatos do PP de Ourense en Vilamartín de Valdeorras

Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado nas vindeiras eleccións xerais do 23 de xullo visitamos hoxe Valdeorras, interesándonos especialmente por cuestións vencelladas ás infraestruturas terrestres e ferroviarias dependentes do Goberno central, ademais do estado e o potencial dos recursos hídricos desta comarca.

En Vilamartín de Valdeorras, a compañados por José Pinto voceiro del PP neste concellos e dúas concelleiras estivemos en San Miguel onde reclamamos un enlace de saída entre a N-120 e a OU-536, que “responda ante o importante volume de tráfico pesado que soporta este punto das estradas”.

 O PP de Vilamartín, lembramos, “realiza dende hai anos esta solicitude, sendo completamente desatendida. Trasladaremos estas necesidades ao futuro goberno de Feijóo, un ourensán que coñece perfectamente a realidade deste concello”. 

Logo visitamos á gran empresa de transportes "Morgantane" para estar ao tanto da problemática do importantñísimo sector do transporte e da loxística.