lunes, 24 de julio de 2023

Eleccións 23X: O PPdeOU volveu a amosar a súa potencia electoral, contribuíndo á vitoria de Feijóo e sendo a forza máis votada en 88 dos 92 concellos da nosa provincia”

 





O líder dos populares ourensáns presentou esta tarde na sede provincial o informe das eleccións xerais, que foi aprobado por unanimidade polos que integramos a Xunta Directiva Provincial

 

 

 

 

• “O resultado das eleccións xerais fala da potencia electoral do PPdeOU e do propio Alberto Núñez Feijóo”, explicou Manuel Baltar, que destacou a importancia de contribuír á vitoria do candidato ourensán recuperando o terceiro deputado pola provincia, “o obxectivo que nos marcamos dende o minuto cero desta campaña electoral

• “Esta é unha nova vitoria incontestable do PPdeOU, a forza política máis importante da provincia de Ourense”, resaltou Manuel Baltar, que incidiu no crecemento rexistrado polo partido na provincia: “Medramos en votos (+22.505) e en porcentaxe de apoio, un 10,5% máis ata acadar o 49,92%”

• Nesta liña, Manuel Baltar destacou que, co 49,92% dos votos, Ourense foi a segunda provincia de toda España con maior porcentaxe de apoio ou a calquera outra forza política, sinalou o presidente provincial, que agradeceu a confianza dos ourensáns e o traballo dos compañeiros do PPdeOU

• Manuel Baltar felicitou a Alberto Núñez Feijóo pola súa vitoria este domingo: “O maior crecemento da historia electoral do Partido Popular nunhas eleccións xerais en España describe o perfil e a capacidade de Feijóo, un ourensán que, por certo, volve a ser profeta na súa terra”

• “Felicito a todos os compañeiros do PPdeOU pola gran campaña realizada”, destacou esta mañá o presidente provincial, que puxo en valor os sobresaíntes datos de apoio: “Fomos a forza política máis votada en 88 dos 92 concellos da provincia, unhas cifras que falan por si solas”