domingo, 2 de julio de 2023

Na Festa de exaltación do Pan de Cea, un dos mellores do mundo

Asisto esta mañá á XXX Festa de exaltación do Pan de Cea, que tivo lugar no campo da Saleta da localidade ourensá de San Cristovo de Cea, da que alcalde, José Luis Valladares.

Nesa festa púxose en valor este produto, amparado por unha indicación xeográfica protexida (IXP) e que o pasado ano acadou unha produción certificada de case 389 toneladas, xerando un valor económico estimado lixeiramente superior ao millón de euros. 

O Pan de Cea conta co selo de calidade diferenciada desde 2004, o que lle permitiu que sexa recoñecido en toda Galicia e mesmo se comercialice en puntos de fóra da nosa comunidade.

O presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Pan de Cea e Carlos Rodríguez a quien tiven ocasión de saudar.

A área de elaboración do pan amparado por esta IXP é o termo municipal de San Cristovo de Cea e a súa produción segue un modelo artesanal, vinculado á tradición. Así, o de Cea defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, con adición de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para a súa fermentación, masa nai procedente dunha elaboración anterior. O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancestrais da zona. Por último, a masa cócese en fornos de pedra granítica de deseño característico do lugar que son previamente quentados con leña.


Estes pans presentan unha forma alongada e arredondada nos extremos, cunha fenda transversal característica no centro da súa parte superior que divide o pan en dúas partes iguais alombadas e ensambladas. A codia é grosa e de espesor variable, incluso nunha mesma peza, oscilando aproximadamente entre 0,5 e 1 cm, cunha consistencia dura e ríxida, con rotura triscante e con tendencia a facer láminas, cor dende dourada a castaño escura e sabor a tostado. A miga ten textura esponxosa, fibrosa e firme, con alveolado non moi abundante, distribuído de xeito irregular e de tamaño moi variable, cor apergamiñado e sabor intenso a trigo.


https://www.pandecea.org/web/


Neste evento -declarado festa de Galicia de interese turístico, estiveron presentes autoridades como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén e varios compañeiros da candidatura do PP as vindeiras eleccións xerais, como Ana Belén Vázquez, Rosa Quintana, Carmen Leyte e Rosa Sánchez.