domingo, 11 de junio de 2023

Alfonso Rueda: “Sei que Feijóo non lle vai fallar a Galicia e Galicia non lle vai fallar a Feijóo”


Asisto hoxe ao acto en Santiago de Compostela ante máis de 1.000 persoas, no que tamén participaron o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

Rematado o acto, o PPdeG difundir esta nota:

Alfonso Rueda: “Sei que Feijóo non lle vai fallar a Galicia e Galicia non lle vai fallar a Feijóo”

O presidente do PPdeG reclama un Goberno de España que se pareza ao de Galicia, unha Comunidade que “está de moda, marca o camiño e vai ser decisiva o 23 de xullo”

 

● O líder dos populares galegos asegurou que ten moitas ganas de que Alberto Núñez Feijóo se converta no próximo presidente do Goberno de España nas eleccións xerais do 23 de xullo: “Sei que Feijóo non lle vai fallar a Galicia e Galicia non lle vai fallar a Feijóo”

 

● O resultado das municipais do 28 de maio, nas que o PP foi o partido máis votado en dous de cada tres concellos galegos, axuda tamén a pensar que “sopran ventos de cambio” en España despois de cinco anos dun Executivo central que acumula moitas débedas pendentes con Galicia como as infraestruturas, os fondos europeos Next Generation ou os compromisos que saíron do Parlamento Galego e foron ignorados, dixo Alfonso Rueda.



 

● Animou aos asistentes a acudir a votar o 23 de xullo para cambiar esa parálise por un modelo de xestión eficaz que Feijóo xa demostrou en Galicia, con catro maioría absolutas consecutivas: “Galicia está de moda, marca o camiño e vai ser decisiva”

 

● “A moderación de Feijóo non é estratexia, é unha maneira prudente de detectar os problemas e de buscar solucións. Moito mellor lle iría ao Goberno se desprezase menos aos galegos e aprendera do que aquí se fixo e se está a facer”, argumentou o presidente do PPdeG.

 

● A alternativa ao PP en Galicia son os socialistas que actúan como “unha sucursal” de Pedro Sánchez para intentar “lavarlle as vergonzas” ou un BNG que “ten un deputado que o PSOE utilizou para poder chegar á Moncloa e que despois foi ignorado durante catro anos”

 

● “Feijóo pode contar con Galicia para poñerlle o punto e final a este Goberno. Hai que dicir nas urnas que chegou o momento de Feijóo, o momento de España e o momento de Galicia. Necesitamos un Goberno que xestione para todos, sen territorios esquecidos e que actúe onde sexa necesario actuar”, afirmou.  

 

● O presidente do PPdeG mandou unha mensaxe de apoio aos vencedores populares das eleccións municipais para que reclamen o seu dereito ás alcaldías na sesión de investidura do 17 de xuño despois de que o BNG e o PSOE creasen unha comisión “para xuntarse os que perderon e intentar que non gobernen os que gañaron” nos municipios onde non se acadou a maioría absoluta.