viernes, 30 de junio de 2023

Eleccións 23X: Os candidatos populares remarcamos o compromiso do PP coas pemes e autónomos nun encontro coa directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense



Dentro das actividades da precampaña das vindeiras eleccións xerais do 23L os candidatos ourensáns do Partido Popular mantivemos esta tarde na sede provincial un encontro coa directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense, presidida por Nuria Iglesias e composta por 140 asociados, con empresas que xeraron en 2022 un volume de negocio de máis de 36 millóns de euros e arredor de medio millar de empregos directos.

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Belén Vázquez, Celso Delgado e Miguel Ángel Michinel- e ao Senado -Carmen Leyte, Luis Menor e Rosa Sánchez- destacamos a importancia de AJE Ourense, “unha ferramenta imprescindible dentro do tecido socioeconómico da provincia por ser un potente axente representativo, dar voz e loitar polo emprendemento e a súa probada capacidade para tecer alianzas público-privadas”.

No encontro, os populares incidimos no compromiso do Partido Popular coas pemes e autónomos: “Son a base do noso tecido empresarial, xerando máis de dous terzos do emprego en España. Pero solo facilitando a actividade emprendedora e empresarial poderase crear emprego, que é o noso principal obxectivo e o compromiso de Alberto Núñez Feijóo”.

“Ao Goberno de Sánchez non lle gustan as pemes e os autónomos porque non dependen del”, analizan os populares, que cargaron con dureza contra a inseguridade xurídica, o aumento da presión fiscal e a falta de axudas: “Tres factores impostos polo PSOE que prexudicaron con dureza ao tecido produtivo español, severamente golpeado pola pandemia, as consecuencias da guerra de Ucraína e por un Goberno que, lonxe de adoptar medidas que den garantías e seguridade, empeñouse nestes anos en impoñer máis trabas”. E o escenario actual, lembramos, fala con contundencia: “Dende que goberna Sánchez temos 67.000 empresas cotizantes menos nos rexistros da Seguridade Social”.


“Somos o partido dos emprendedores e dos autónomos”

Fronte o ‘Modelo Sánchez’, os populares trasladamos esta tarde á directiva de AJE Ourense a alternativa do PP de Alberto Núñez Feijóo, definida arredor da eliminación de trabas burocráticas, administrativas e fiscais: “Instauraremos a tarifa plana de cero euros o primeiro ano de autónomo, para que ningún traballador por conta propia pague cuota no seu primeiro ano de actividade. Tamén incentivaremos a contratación do primeiro traballador, impulsaremos a dixitalización e fomentaremos plans de relevo xeracional e o incremento de produtividade das pemes e a súa capacidade para xerar economía de escala, ademais de mellorar a accesibilidade a recursos financeiros e medidas que alivien o deterioro causado pola inflación”.

“Somos o partido dos emprendedores e dos autónomos, e o seguiremos sendo co presidente Feijóo”, remarcamos, lembrando o potente compromiso do PP co emprendemento, demostrado coa aprobación, na lexislatura X e XII, de “máis leis e medidas para apoiar a autónomos e emprendedores que en calquera outro goberno do período democrático e o repetiremos na próxima lexislatura”.